Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CONMEMORARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS OS DÍAS 16 E 17 DE MAIO NA PRAZA DA LECTURA
O CONCELLO CONMEMORARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS OS DÍAS 16 E 17 DE MAIO NA PRAZA DA LECTURA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou os actos do programa "N de Narón. A festa das Letras" acompañada polas edís de Cultura, María del Carmen Espada, e Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 25 de abril de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presentou esta mañá os actos do Día das Letras Galegas acompañada polas edís de Cultura, María del Carmen Espada, e Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, que xunto con Alcaldía e a Concellería de Festas, dirixida por Mar Gómez, colaboraron nesta programación. As actividades enmarcadas na iniciativa "N de Narón. A festa das Letras" desenvolveranse os días 16 e 17 de maio na Praza da Lectura das Vivendas da Marina, en Santa Icía, tal e como avanzou Ferreiro.
A alcaldesa explicou que o día 16, previo á conmemoración das Letras Galegas, festividade que este ano se adica á mestra María Victoria Moreno, terá lugar un concerto de A Corral poliafónica, de O Aturuxo de Melpómene. Dará comezo ás 21.00 horas e será Carlos Mosquera, Mos, o encargado de dirixir á decena de persoas que integran esta formación, que versiona temas clásicos con outros máis recentes ou de creación propia.
Tamén na xornada do día 16, continuou Ferreiro, programouse un espectáculo do Cuarteto Caramuxo, a partir das 22.00 horas e no que o público poderá gozar da música popular galega. Diferentes estilos musicais combinaranse nesta actuación, cun marcado carácter cultural e tradicional a cargo desta formación musical.
O propio Día das Letras Galegas, o 17 de maio, continuarán os actos programados polo Concello. Pola mañá, indicou a rexedora local, a partir das 12.00 haberá un concerto do músico coruñés Pablo Díaz, que leva preto dunha década de traxectoria profesional, facendo desfrutar ao público infantil e familiar en cada unha das súas actuacións. Xa pola tarde, ás 17.30 terá lugar un novo espectáculo musical, neste caso a cargo de A Banda das apertas, de Magín Blanco, con música tradicional e contemporánea e no que o público xogará un papel moi importante, interactuando en boa parte do espectáculo. Finalmente, ás 18.30 horas será o turno de Fredy&Cía, que traerán a Narón o espectáculo Circanelo, baseado en técnicas circenses e premiado no ano 2006 no Certame de Interior de Festiclown.
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que durante os dous días permanecerán na Praza da Lectura tres stands, un da Biblioteca municipal para fomentar a lectura entre tódalas persoas que acudan aos actos alí convocados, e os outros dous para as librarías Galicia e Day, que porán á venda numerosos exemplares en galego, dirixidos a diferentes tipos de lectores. Taibo agradeceu a colaboración destas dúas librarías da cidade e animou á veciñanza a acudir a estes stands “para ver as últimas novidades e as publicacións máis vendidas e lidas na nosa lingua”.
Pola súa banda, María del Carmen Espada destacou a “paixón coa que María Victoria Moreno, escritora e profesora homenaxeada este ano, traballou durante tantos anos co alumnado e tamén ese tesón co que nos anos 70 impartiu de balde, e case clandestinamente, clases en lingua galega”.
A alcaldesa animou ás veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos a achegarse os días 16 e 17 do vindeiro mes de maio á cidade, concretamente á Praza da Lectura, para poder desfrutar “destes actos cos que un ano máis desde o goberno local de Narón queremos poñer en valor a nosa cultura e, como non, a riqueza da nosa lingua”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal