Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN CATRO OBRADOIROS DE CALIGRAFÍA E UN DE CORRESPONSABILIDADE PARA HOMES
A proposta diríxese a un total de noventa maiores da cidade e impartirase nos dous centros de maiores municipais e en locais sociais, tal e como apuntou a edil de Promoción Social, Teresa Sabio
Narón, 25 de abril de 2018. A Concellería de Promoción Social convoca catro obradoiros de Caligrafía e un de Corresponsabilidade para homes dirixidos a un total de noventa persoas. A edil responsable da área, Teresa Sabio, recordou que esta programación, “deseñada co fin de facilitar a socialización activa dos participantes e a súa autonomía persoal”, se organiza en colaboración coas asociacións de maiores das parroquias da cidade. As persoas interesadas en anotarse –preferentemente maiores de Narón- poden facelo cubrindo unha instancia dispoñible no Rexistro xeral do Concello ata completar a totalidade das prazas. As solicitudes poden tramitarse de luns a venres, en horario de 8.30 a 13.30. Os catro obradoiros de Caligrafía diríxense a setenta e cinco persoas e terán unha duración de dez días. As clases impartiranse no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros –os xoves de 10.00 a 11.30-; e nos locais sociais de Piñeiros –venres de 9.30 a 11.00-, O Val –xoves de 16.00 a 17.30- e A Solaina –venres de 11.30 a 13.00-. As persoas que asistan, apuntou Sabio, aprenderán a escribir empregando letras artísticas e tamén a utilizar plumillas, pinceis e outras ferramentas caligráficas, así como a usar o trazo na construción de letras. En canto ao obradoiro de Corresponsabilidade para homes, poderán participar quince persoas e durará quince días. Neste caso as sesións desenvolveranse no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña –os martes de 17.00 a 19.00-. Nestas clases os participantes coñecerán nocións básicas de tecidos, etiquetado, lavado e secado de prendas de roupa, cociña, coidado de persoas maiores, ou a pasar o ferro, entre outras. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tal e como recordou a concelleira de Promoción Social e Igualdade, que animou ás veciñas e veciños de Narón a participar nestas actividades.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal