Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO IMPULSA A CREACIÓN DUN ESTABLECEMENTO EXPENDEDOR DE COMIDAS E BEBIDAS NO PASEO DE XUVIA
O CONCELLO IMPULSA A CREACIÓN DUN ESTABLECEMENTO EXPENDEDOR DE COMIDAS E BEBIDAS NO PASEO DE XUVIA
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte respaldou o proxecto do establecemento expendedor de comidas e bebidas promovido polo Concello no paseo marítimo de Xuvia
Narón, 28 de abril de 2018. O Concello de Narón prevé construír un establecemento expendedor de comidas e bebidas na zona do paseo marítimo de Xuvia. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que a través de este proxecto, aprobado na última Xunta directiva do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, se “porán en valor produtos típicos da ría e, ao mesmo tempo, fomentarase a creación e mantemento de varios postos de traballo e melloraranse os servizos de interese público nesta zona de ocio e desfrute para a cidadanía”. Ferreiro destacou que a construción do establecemento suporá un desembolso duns 226.000 euros, se ben recalcou que “a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte solicitamos unha subvención do 50% deste importe á Consellería do Mar, ao abeiro dun programa que contempla axudas para proxectos sobre estratexias de desenvolvemento local participativo e sustentable”. Esta solicitude, tralo visto bo do Golfo Ártabro Norte, espera agora a resposta da administración autonómica, que se prevé coñecer a principios deste verán. Marián Ferreiro desprazouse ao paseo marítimo de Xuvia, xunto cos edís de Urbanismo, Manuel Ramos, e Servizos, Ibán Santalla, ata a zona na que se prevé construír o novo establecemento.
O concelleiro de Urbanismo explicou que a superficie total das instalacións será de 280 metros cadrados, cunha superficie útil interior de 130 metros cadrados e unha construción exterior de 150. “O proxecto consta de dúas zonas diferenciadas, un área de espazos para servizos, como aseos, cociña e outras instalacións propias deste local, e outra área para estancia da clientela, cunha sala interior e dúas terrazas, unha cuberta de 50 metros cadrados e outra aberta e descuberta de 70 metros cadrados”, apuntou o edil naronés.
“O feito de que a construción sexa dunha única planta e a ubicación elixida farán que veciñanza e visitantes, así como os peregrinos que realizan o Camiño Inglés poidan ter a oportunidade de desfrutar do excelente entorno costeiro da nosa cidade e tamén do resto de servizos e instalacións do paseo marítimo de Xuvia”, subliñou a alcaldesa. Ao respecto, recordou que se trata dun área “con sendas peonís e para ciclistas, espazos de xogo infantil, un parque biosaudable, un circuíto vita, un pantalán e zonas axardinadas, “todo un conxunto realizado en coordinación coa Demarcación de Costas en Galicia e que desde o goberno local apostamos por mellorar coa entrada en funcionamento deste novo establecemento expendedor de produtos típicos da ría de Ferrol”.
Ferreiro indicou que unha vez rematadas as obras o Concello licitará a concesión para a explotación das instalacións e avanzou que a previsión é que poida comezar a funcionar a finais do vindeiro ano. “Confiamos en que a Consellería do Mar valore positivamente este proxecto produtivo, no que a maiores de crear postos de traballo no propio local, poidamos continuar fomentando o sector pesqueiro da ría de Ferrol, dinamizando os produtos do mar, un sector que consideramos prioritario nesta comarca”, subliñou a alcaldesa da cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal