Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ASINA UN CONVENIO CON VODAFONE PARA RENOVAR OS SERVIZOS DE VOZ
O cambio de operador suporá un aforro do 32% na factura actual, un total de 40.000€ anuais.
O Alcalde do Concello de Narón, Xoán Gato, presentou en rolda de prensa o Acordo Marco de Prestación de Servizos de Comunicacións Móbiles Corporativas, asinado coa compañía de telefonía Vodafone, S.A. Na rolda de prensa tamén estiveron presentes o Director Xeral de Vodafone na Zona Norte, Francisco Vallejo, o responsable de Grandes Contas da mesma empresa, Julio Pisos, e o técnico informático municipal Manuel Rodríguez. Este acordo xurde a raíz da necesidade de Concello de mellorar as condicións do antigo sistema de servizos de voz contratado con Telefónica, con crecemento limitado, interconexión deficiente e con dependencia do operador para levar a cabo calquera cambio desexado; e tamén da conveniencia de revisar as tarifas vixentes con esa empresa, xa do ano 2003. Á vista das ofertas recibidas, o Concello asinou un convenio con Vodafone para proceder á renovación do servizo. O acordo non contempla ningún tipo de inversión municipal, e basease na chamada centraliña virtual, un software informático, que une todos os centros do Concello máis a telefonía móbil nunha sola operación. Isto daralle control total ó propio Concello sobre o sistema, e unha facturación mensual un 32% máis barata que a factura actual, un total de 40.000 euros ó ano. O mantemento dos terminais irá incluído no prezo. O cambio de servizo comezará a principios do mes de outubro e a implementación total do sistema prolongarase aproximadamente ata finais de xaneiro, xa que se fará de forma escalonada para non interferir no traballo dos funcionarios e nos propios cidadáns. Xoán Gato declarou que é unha obriga dos concellos tratar de ofrecer o mellor servizo ó cidadán ao menor prezo posible, e que este cambio é unha medida máis encamiñada a levar ó Concello de Narón “a unha xestión de futuro e de calidade, económica e con seguridade de crecemento”. O Alcalde agradeceu a Manuel Rodríguez as súas xestións para acadar este acordo e deulle a benvida á compañía Vodafone ó servizos do Concello. Ademais, o rexidor indicou que ésta é só unha máis das medidas previstas para levar ó Concello de Narón ó máis moderno das Novas Tecnoloxías. No próximo semestre, os proxectos municipais contemplan a instalación da rede WIFI en tódalas parroquias do Concello e tamén nos polígonos industriais, así como a implantación da oficina virtual, dende a que poderán facerse todos os trámites administrativos online.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal