Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA INAUGURA MAÑÁ NO AUDITORIO O "2º CONGRESO GALEGO DE SEGURIDADE E EDUCACIÓN VIARIA CIDADE DE NARÓN"
O Concello organiza este evento, que reunirá na cidade a destacados poñentes que presentarán as súas experiencias e iniciativas no Auditorio os días 3 e 4 de maio
Narón, 2 de maio de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, inaugurará mañá a segunda edición do Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria Concello de Narón. A cita dará comezo ás 10.00 horas e reunirá no Auditorio municipal, tanto mañá como o venres, a recoñecidos profesionais na materia, que abordarán o tema da seguridade e a educación viaria a través de diferentes proxectos e experiencias. Na inauguración do Congreso estará tamén o director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Luis Menor, para, sobre as 10.30 horas dar paso ao relatorio inaugural con Bartolomé Vargas, Fiscal de Sala e Coordinador de Seguridade Viaria da Fiscalía Xeral do Estado. Máis dun centenar de persoas procedentes de diferentes ámbitos confirmaron a súa participación neste evento. Ás 11.40 horas dará comezo a primeira mesa de traballo, sobre “Novas Tecnoloxías aplicadas á seguridade viaria”. O secretario xeral do Concello de Narón, Alfonso de Prado, será o encargado de moderar esta mesa, na que participarán como relatores o fiscal Bartolomé Vargas; José Ignacio Lijarcio, coordinador de grupo de Investigación Fachum-lab (Intras), da Universidade de Valencia; José Luis Díez, responsable de departamento ADAS/AD, e Fernando Minaya, responsable de Mobilidade e Educación Viaria en Fesvial. Tralo foro de debate e o turno de preguntas rematará a programación matinal. Pola tarde retomarase a actividade ás 16.00 cunha mesa de traballo sobre “O camiño cara a unha nova educación viaria”, no que o profesor de Secundaria Constantino Fuentes moderará aos participantes: José Ignacio Bermúdez, asesor psicolóxico do Centro Superior de Educación Viaria da DXT; Antonio García, xefe de área nacional de Acción Social de Fundación Mapfre; Mar Cogollos, presidenta de Aesleme e psicóloga experta en Seguridade Viaria, e Pedro Caneiro, integrante do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Tamén haberá ao remate das intervencións un foro de debate e un turno de preguntas, para despois dunha pequena pausa, comezar coa segunda mesa da tarde, sobre as 18.30. O “Permiso de condución: dereito e responsabilidade” será a temática a abordar, e participarán o médico Carlos Piñeiro como moderador e, como relatores; José Miguel Báez, presidente da Fundación CNAE; Francisco Javier Molano, Tenente Coronel da Garda Civil e Xefe do sector de Tráfico en Galicia, e Pere Navarro, enxeñeiro industrial e exdirector da DXT. Ao remate das intervencións haberá un foro de debate e un turno de preguntas, co que se pechará a programación da xornada de mañá pola tarde. O Congreso continuará o venres, a partir das 10.00 horas, cunha mesa sobre “Smart Mobility: mobilidade en entornos urbanos”, moderado pola arquitecta Lorena Pardiñas e na que os relatores serán Joan Josep Isern, responsable de planificación e infraestruturas do Departamento de Interior da Generalitat de Cataluña; Javier Llamazares, director xeral de Fesvial; e Ana Rosa Llorente, xefa do departamento de Planificación do Concello de Madrid. O foro de debate e o turno de preguntas darán paso a unha pausa para o café e, a partir das 12.10 horas, ao relatorio de clausura, sobre “Poñer en marcha unha acción dentro do programa Erasmus +”, no que falará a axente sociocultural do Concello de Alhama (Granada) María Isabel Viruez. Ao remate haberá un turno de preguntas e ás 13.10 horas está prevista a clausura desta segunda edición do Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria do Concello de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal