Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PRESENTA O PROGRAMA DE RECURSOS DE APOIO Á ESCOLA
O CONCELLO PRESENTA O PROGRAMA DE RECURSOS DE APOIO Á ESCOLA
As actividades traballan de maneira incardinada coñecemento, socialización e valor lúdico
A Concelleira de Cultura, Ensino e Bibliotecas, Manuela Pérez Sequeiros, reuniuse coas ANPAS e representantes dos centros educativos para presentarlles o Programa de Recursos de Apoio á Escola do Concello para este curso. O programa contempla un paquete de accións educativas agrupadas en dous bloques. Por un lado, as enmarcadas dentro do horario lectivo, que reforzan o deseño curricular dos centros que as incorporen; e por outro, as socioeducativas, fóra de horario lectivo, como programación extraescolar incorporada o proxecto educativo de cada centro. A relevancia deste programa reside no contido e calidade educacional das actividades propostas, que permiten traballar de maneira perfectamente incardinada conceptos de coñecemento, socialización, e valor lúdico.

Exemplos das primeiras son as seguintes: Xogo popular galego, que utiliza elementos e obxectos de xogo popular e deporte rural galego, e desenvolve nos nenos/as un adestramento polivalente de carácter físico deportivo con estratexias lúdicas e de afirmación cultural. Torre de babel, un obradoiro para estimular as linguas estranxeiras faladas, perfeccionando así o nivel de conversa ó través dunha estratexia de simulacións e xogos. Anda pedalea e cociña, para traballar a actividade física e a nutrición como elementos estruturais da calidade de vida, dende idades moi curtas. Se traballa con bicicleta, con camiñata, e se preparan pratos rápidos, manexando os criterios de consumo de calorías, proteínas, oligoelementos e vitaminas e o seu consumo en función da actividade. Matemáticas alimentarias, que combina o obxectivo de realizar prácticas de cálculo aritmético, volumetrías e xeometría aplicados o coñecemento dos contidos alimentarios: cálculos de calorías, cálculos de cantidades de alimentos necesarios para as familias, custes, etc.

O resto das actividades corresponden a talleres de itinerarios e unidades didácticas, e a talleres de coeducación para a igualdade de xénero e de sensibilización contra a violencia de xénero. Así como educación ambiental, para a saúde, para igualdade e educación intercultural.

As actividades poderán solicitalas tódolos pais e nais dirixíndose a cada ANPA ou centro educativo, ou directamente inscribíndose no Rexistro Xeral de Entrada do Concello, comprobando previamente que exista grupo e prazas. Os interesados que desexen máis información, poden dirixirse ó Servizo Sociocomunitario no teléfono 981 337700, extensión 273 ou 258.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal