Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN "UNHA MIRADA DE ANTANO: FOTOGRAFÍAS DE RUTH MATILDA ANDERSON EN GALICIA"
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou un convenio de colaboración cultural con representantes de Abanca e Afundación que permitirá traer esta mostra á cidade do 18 de maio ao 10 de xuño
Narón, 7 de maio de 2018. A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, asinou no Concello con José Manuel Vilariño, coordinador de Negocio Institucional de Abanca na Coruña, e Tatiana Puente, coordinadora de Afundación na zona de Ferrol, un convenio de colaboración cultural a tres bandas para achegar proxectos nesta área á cidade. Entre os días 18 de maio e 10 de xuño o Pazo da Cultura acollerá a exposición "Unha mirada de antaño: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia", froito desta colaboración, tal e como destacou a rexedora local, que indicou que a mostra poderá verse de luns a sábado en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.
A exposición está integrada por un recopilatorio de imaxes procedentes de The Hispanic Society of America, unha institución neoiorquina que atesoura, tal e como recordaron desde Afundación, a colección de arte hispana máis importante alén do territorio español. A fotógrafa e investigadora Ruth Matilda Anderson elaborou durante unha viaxe realizada a Galicia numerosas fotografías nas que recolleu parte da historia do sector do campo e do mar, entre os anos 1924 e 1926, e que comezou co seu desembarco en Vigo. A viaxe realizouse a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton.
Desde Abanca indicaron que esta colaboración “é parte do proxecto Corrente Cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de Abanca, impulsa a capitalidade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade”.
Pola súa banda, Ferreiro destacou a importancia deste tipo de acordos, “que se realizan pensando nos veciños e nas veciñas de Narón, ofrecéndolles neste caso a oportunidade de poder ver, de balde, unha interesante exposición fotográfica na que se amosa unha parte da nosa cultura”. A edil convidou ás naronesas e naroneses, e tamén á xente doutros concellos a achegarse ao Pazo entre o 18 de maio e o 10 de xuño para poder ver as fotografías que integran esta mostra.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal