Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PATRULLAS POLICIAIS EN BICICLETA, UN OBRADOIRO INTERXENERACIONAL E O PARKING DAY INAUGURARON O PROGRAMA DA SEMANA DA MOBILIDADE E EDUCACIÓN VIARIA
PATRULLAS POLICIAIS EN BICICLETA, UN OBRADOIRO INTERXENERACIONAL E O PARKING DAY INAUGURARON O PROGRAMA DA SEMANA DA MOBILIDADE E EDUCACIÓN VIARIA
Os actos, organizados polo Concello, desenvolveranse entre o 7 e o 11 de maio e contemplan propostas dirixidas a diversos colectivos en varias ubicacións da cidade
Narón, 7 de maio de 2018. O Concello de Narón acolle desde esta mañá un completo programa de actos co que conmemorar a Semana da Mobilidade e Educación Viaria. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, recordou que a programación se desenvolverá ata o vindeiro venres, día 11, e animou ás veciñas e veciños “a participar nas variadas propostas que, en horario de mañá e tarde, se sucederán en diferentes ubicacións da cidade co obxectivo de formar e informar en materia de educación e seguridade viaria e tamén de recuperar máis espazo nas rúas para os peatóns e ciclistas”. Esta mesma mañá dous axentes da Policía Local –habilitaranse turnos de mañá e tarde nos que participarán un total de nove axentes voluntarios- comezaban a patrullar en bicicleta por varias rúas da cidade, unha actividade que se levará a cabo toda esta semana
A rúa 25 de Xullo convertíase tamén no escenario do Parking Day, unha proposta concebida para recuperar precisamente ese espazo nas rúas reservado para os coches, dun xeito temporal, para impulsar actividades dirixidas á cidadanía. Biblioteca na rúa e Conversa en inglés foron as propostas desta mañá.
A programación desta tarde retomarase ás 16.30 horas no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros, cun Obradoiro interxeracional que protagonizará alumnado de Primaria de centros escolares de Narón. Tras participar en diferentes actividades impulsadas polo equipo de Educación Viaria do Concello, os rapaces e rapazas falarán cos maiores sobre diferentes temáticas relacionadas con esta área, concretamente sobre “Medidas de seguridade ao camiñar”. Tamén o médico Carlos Piñeiro falará esta tarde cos maiores sobre o programa 100.000 Motivos de Peso e ao finalizar, sobre as 19.00 horas, haberá unha pequena camiñata polas inmediacións do Pazo da Cultura.
O Parking Day desta tarde continuará na Praza da Gándara, cunhas sesións de guitarra entre as 18.00 e as 19.00 horas, a cargo de Frank Rodríguez, e de 18.00 a 20.00 un Obradoiro de bonequería, para aprender a facer bonecos.
As actividades continuarán mañá coa policía en bicicleta polas rúas da cidade e coa inauguración dun Xogo de Educación Viaria –a modo de circuíto- nas escolas infantís municipais da Solaina e A Gándara, a partir das 10.00 horas. Mañá pola tarde o local social do Alto do Castiñeiro acollerá, entre as 17.00 e as 21.00 horas un Curso teórico práctico para acompañantes de transporte escolar, que se encargará de impartir persoal do Speis de Narón. As persoas interesadas en formarse nesta área poderán asistir ás sesións, de balde, e que constan dunha parte teórica e outra práctica, na que se simulará unha situación ante un posible sinistro. Continuará tamén mañá na Praza da Gándara o Parking Day, cun obradoiro sobre “Aprende a facer os teus cadernos” de 18.00 a 19.00, e unha exhibición de danzas urbanas, “No limits dance Factory”, de 19.00 a 19.40 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal