Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS PREMIOS DO "III CERTAME DE RELATOS CURTOS CÓNTANOS O TEU CONTO DO POBO XITANO"
A Biblioteca municipal acolleu o acto, no que participaron as edís Mercedes Taibo, Catalina García e Teresa Sabio, ademais de representantes da asociación Acción Familiar Ferrol e da libraría Din&Don
Narón, 8 de maio de 2018. A Biblioteca municipal de Narón acolleu a finais da semana pasada o acto de entrega dos premios da terceira edición do “Certame de relatos curtos Cóntanos o teu conto do pobo xitano”. As concelleiras de Acción Social e Participación Cidadá, Catalina García; de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, e de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, participaron no acto, que contou coa implicación de 51 alumnas e alumnos de quinto e sexto curso de Primaria dos colexios do Feal, A Gándara e A Solaina. As representantes do goberno local agradeceron a colaboración destes tres centros educativos e tamén da Asociación Acción Familiar Ferrol (AFA) e da libraría Din&Don, que se sumaron a esta proposta. O Concello e AFA organizaron un ano máis este certame, vencellado ao convenio que o Consistorio naronés mantén coa citada entidade para o desenvolvemento do programa de minorías étnicas. Os nenos e nenas leron unha vintena de relatos ante familiares e amigos na Sala infantil da Biblioteca e a continuación recibiron un diploma e, os tres mellores traballos, un agasallo que consistiu nun xogo educativo para cada un deles. O primeiro premio foi para o traballo “Sinaí o devorador de libros”, de Ismael Caamaño Lestón, do CEIP da Gándara; o segundo para Saray Lamas Figueroa, do CEIP da Solaina, por “O pobo xitano”, e o terceiro para Nora Luaces Mesías, do CPI do Feal, con “Sen diferencias”. As representantes do goberno local destacaron no acto a importancia da igualdade entre as persoas e tamén o considerable incremento na participación neste certame, que pasou de 15 a 51 traballos. “Agradecemos a colaboración tanto dos centros educativos como dos pais e nais que animaron aos seus fillos a participar neste certame, abordando un tema tan importante como é o da igualdade e concienciándoos sobre a súa importancia”, destacaron desde o goberno local.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal