Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E URBASER AMPLÍAN O HORARIO DE TRABALLO DOS DOUS TRACTORES CON DESBROZADORA
O CONCELLO E URBASER AMPLÍAN O HORARIO DE TRABALLO DOS DOUS TRACTORES CON DESBROZADORA
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que as tarefas de desbroce se ampliaron durante os vindeiros dous meses ás tardes do luns ao venres e as mañás dos sábados
Narón, 22 de maio de 2018. As tarefas de desbroce de maleza na zona rural intensificaranse durante dous meses tras acordar o Concello e a empresa Urbaser –concesionaria da limpeza viaria no municipio- a ampliación do horario de traballo dos dous tractores con desbrozadora. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que desde onte dóblanse os turnos, coa habitual xornada de mañá e agora tamén desbrozando durante catro horas polas tardes, de luns a venres, e os sábados pola mañá. “Con esta medida reforzamos un ano máis as tarefas de limpeza da maleza, para que os viais da zona rural estean nas mellores condicións de limpeza posibles e tamén as parcelas municipais, dando cumprimento á normativa vixente na materia e previndo posibles incendios forestais ou a súa propagación”, asegurou Santalla.
O edil naronés explicou que xa se remataron os traballos de desbroce na parroquia de Doso, donde comezaron a traballar os tractores hai uns días. Esta mesma mañá limpábase na zona de Pedroso e pola tarde está previsto facelo pola Faísca, para continuar polas parroquias de Castro, San Xiao e O Val, tal e como avanzou Santalla. “En principio ampliamos o horario de traballo durante dous meses, pero se fose preciso poderiamos facelo durante máis tempo, co fin de retirar toda a maleza”, apuntou. O concelleiro destacou ademais que “este ano adiantamos ao mes de maio o inicio destes traballos, co fin de actuar durante a tempada na que máis medra a vexetación” e destacou o feito de que “esta é a terceira ocasión neste ano na que se desenvolven estas tarefas na zona rural e incrementaremos a catro as tempadas de desbroce, ou incluso a máis no caso que se detecte unha necesidade de facelo en determinadas zonas”. Santalla apelou á colaboración da veciñanza para que “no caso de ter propiedades sen limpar realice tamén os desbroces pertinentes para manter as súas fincas nas mellores condicións, colaborando así para evitar posibles incendios e, ao tempo, evitando as sancións que se contemplan ante o incumprimento da normativa vixente ao respecto”.
A maiores, o Concello de Narón publicou un bando informativo –que se pode consultar a través da páxina web do Concello de Narón: http://www.naron.es/web/docs/biomasa/bando.pdf, no que a alcaldesa, Marián Ferreiro, recorda as obrigas que corresponden aos propietarios dos montes de Galicia, aludindo á modificación, o pasado mes de xaneiro, da Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia por parte da Xunta, administración titular das competencias en materia forestal. No documento incídese na obrigatoriedade de que nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa é obrigatorio para os propietarios xestionar esa biomasa vexetal antes de finais do mes de maio de cada ano nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, arredor de vivendas, urbanizacións, gasoliñeiras, etc. Nunha franxa de 50 metros, especifícase, non poderá haber árbores de determinadas especies. No bando recórdase ademais que o incumprimento destas medidas é obxecto de posibles sancións.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal