Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A POETISA DE NARÓN ANA VARELA PRESENTARÁ NA BIBLIOTECA MUNICIPAL O SEU LIBRO ASOMBRARIO
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que o acto terá lugar o vindeiro sábado día 26 a partir das 12.00 horas
Narón, 24 de maio de 2018. A poetisa e tradutora naronesa Ana Varela estará o vindeiro sábado, día 26, na Biblioteca municipal presentando o libro Asombrario, co que acadou un premio na vixésimo primeira edición do Certame Francisco Añón de poesía. Ao acto acudirán tamén a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, o poeta Ismael Ramos e Santiago Nieto, técnico de Cultura no Concello de Ourense. As persoas que desexen acudir a esta presentación poderán facelo a partir das 12.00 horas, tal e como recordou a edil naronesa. Asombrario impúxose na categoría de maiores de 18 anos do Certame Francisco Añón de Poesía -organizado polo Concellode Outes- celebrado o pasado ano, e ao que se presentaron 410 obras orixinais. Trala presentación oficial da publicación nesa localidade ourensá a autora decantouse pola cidade na que naceu, medrou e reside, Narón, para presentar en segundo lugar a súa obra. Taibo convidou á veciñanza a asistir a este acto, para respaldar e coñecer este libro publicado por Ana Varela, recoñecida poetisa da que ensalzou o seu traballo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal