Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADAS AS LISTAXES DE NENAS E NENOS ADMITIDOS NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que se contabilizaron un total de duascentas solicitudes para os nenos e nenas de 0 a 3 anos nas tres garderías municipais
Narón, 26 de maio de 2018. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou de que as persoas que solicitaron praza nalgunha das tres escolas infantís municipais –A Solaina, A Gándara e Piñeiros- para os seus fillos e fillas de entre 0 e 3 anos poden consultar os listados de admitidos no Concello –no horario de apertura habitual- ou a través da páxina web, na dirección: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/. En total rexistráronse 81 solicitudes para menores nados no ano 2016 nos tres centros; sumaron 85 as dos nados o pasado ano e 34 para as nenas e nenos nados a partir do pasado mes de xaneiro. Desde as direccións das tres escolas infantís do Concello estase a informar tamén ás familias, tal e como indicou Taibo, que explicou a maiores que “as matrículas definitivas formalízanse nos vindeiros meses de verán, antes do inicio do novo curso 2018/2019, polo que nalgúns casos aínda pode haber variacións con respecto ás listaxes publicadas, ao solicitar nalgúns casos os pais e nais a admisión noutras escolas infantís de Narón ou doutros concellos da zona”. As escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros abren as súas portas en horario de 7.30 a 20.00, rexistrándose unha demanda considerablemente superior no caso das quendas de mañá e, dos tres centros, no da Gándara, según recordou a concelleira de Ensino.
Descarga de archivos
Listado definitivo nados 2016
Tamaño:14,54 KB
Listado definitivo nados 2017
Tamaño:12,35 KB
Listado definitivo nados 2018
Tamaño:7,75 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal