Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ARRANCA NOS MULTICINES ODEÓN A MOSTRA "CINEMA E SOCIEDADE. 2008"
ARRANCA NOS MULTICINES ODEÓN A MOSTRA
Abre un novo e pioneiro camiño no panorama cultural do Concello de Narón e da Comarca
A “Mostra Cinema e Sociedade. Narón 2008” foi inaugurada oficialmente o pasado sábado, coa presenza do Alcalde de Narón, Xoán Gato Díaz, a Presidenta do Padroado e Concelleira de Cultura, Manuela López Sequeiro, o Director Mostra e Presidente da Asociación “Conxeito”, Luis Calvo Teijo, e varios membros da corporación municipal.

O proxecto, nacido na Asociación Cultural “Conxeito”, conta coa colaboración e o patrocinio do Padroado de Cultura e do Concello de Narón, e conta cun orzamento de 44.000€. A Mostra proxectará unha selección de filmes de actualidade que perseguen suscitar o debate, cun claro posicionamento social e de denuncia. Ademáis, “Cinema e Sociedade” busca un achegamento a tódolos axentes sociais e públicos, sen dúbida sensibles ás diferentes problemáticas que acontecen no noso entorno e son de máxima actualidade: violencia de xénero, efectos da emigración, drogas, cambio climático, etc. Un amplo abano de expertos, así como voces activas nas distintas materias abordadas – colectivos sociais, universidades, concellos, entidades privadas – ademais dos actores protagonistas do filme analizado, farán de cada sesión unha xornada que inducirá á reflexión e da que extraer solucións adaptables á nosa vida cotiá.

No evento levaranse a cabo tres actividades principais. Por unha banda, proxeccións de filmes pola mañá e posteriores mesas redondas, dirixida a escolares de bacharelato e colectivos sociais do tema a tratar. Por outra, un pase vespertino para o público en xeral, no que haberá unha presentación da obra a cargo dun especialista na materia, ademais dun actor e un director. E por último, una exposición permanente durante os oito días, “Sás de Cine na Comarca de Ferrol”.

O Alcalde de Narón, Xoán Gato, afirmou que a Mostra abre “un novo camiño no panorama cultural do noso Concello e na Comarca”, onde existe unha eiva importante en canto ó arte do cine. Cine que, segundo o rexidor naronés, a Mostra presenta como máis que unha diversión ou un arte en sí mesmo, senón “como unha forma de ver a problemática social que estamos a vivir, e unha ferramenta máis de formación”.


Ademais, o Alcalde agarda que se produza unha resposta importante por parte da sociedade naronesa e de toda a comarca, porque dese apoio depende directamente a continuidade desta actividade pioneira. Continuidade que podería ser aínda máis ambiciosa coa participación doutros concellos.

Manuela Pérez, pola súa parte, destacou o grande traballo que se estivo a realizar nos últimos meses, e agradeceu a Asociación Cultural “Conxeito” a súa implicación no proxecto. A Concelleira de Cultura tamén fixo un chamamento ás entidades sociais e ós institutos de Narón para que participen na Mostra, que considera ten “un programa actual e moi ambicioso”.

Luis Calvo, Director da Mostra, agradeceu ó Concello a sensibilidade que tivo ó captar exactamente a mensaxe que intentaba transmitir “Conxeito”, do cine como ferramenta que promova o debate social. E asegurou que Narón converterase nun referente cultural nos vindeiros oito días.

Cabe destacar tamén o premio que se lles otorgará ós galardoados da Mostra: a Academia Galega do Audiovisual, e a Axencia de Actores e Actrices. Trátase dunha escultura de bronce, expresamente creada para este evento, do artista Manuel Patiña.

Para máis información sobre “Cinema e Sociedade. 2008”, ou para adquirir ás entradas para asistir ás proxeccións, todas elas gratuítas, os interesados deberán acudir á oficina permanente que a Mostra ten habilitada no primeiro piso do Centro Comercial Odeón, onde antes se situaba o xardín de xogos Camelot. O aforo é de 200 persoas. A Mostra garante o acceso a minusválidos ás sás de cine, instalando unha plataforma na primeira fila do patio de butacas.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal