Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADXUDICA EN PRETO DE 40.000 EUROS AS OBRAS DUN NOVO PARQUE INFANTIL EN PIÑEIROS
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que as novas instalacións, que se localizarán nas inmediacións da igrexa parroquial, estarán construídas nun prazo máximo de tres meses
Narón, 29 de maio de 2018. O Concello de Narón adxudicou en 39.269 euros os traballos de montaxe dun novo parque infantil en Piñeiros. A empresa Jardinería Arce será a encargada de acometer esta intervención, cofinanciada con cargo ao POS+ 2017 da Deputación da Coruña e con un prazo de execución de tres meses, tal e como apuntou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla. “Este proxecto que se iniciará próximamente en Piñeiros vén a sumarse a un plan integral de renovación e dotación de parques nos diferentes barrios e parroquias da cidade, co fin de ofrecer novos servizos ás nosas veciñas e veciños e de mellorar os xa existentes”, explicou Santalla. O parque infantil ubicarase nas inmediacións da igrexa de Piñeiros, preto do biosaudable –que será obxecto dalgunhas reformas- e unha vez rematado suporá unha superficie de lecer, conxunta, de 265 metros cadrados. As novas instalacións terán tres zonas diferenciadas: unha multixogo, columpios e unha rede trepadora. A zona multixogos consta de dúas torres con cuberta e concíbese como un área de xogo para nenas e nenos maiores de tres anos, con capacidade para preto de corenta usuarios/as. No que respecta ao columpio, será mixto, cun asento con cueiro e outro plano, para menores de 0 a 14 anos e, por último, a rede trepadora fixa, para maiores de 3 anos, que ten capacidade para unha decena de menores. “Coa adxudicación dos traballos deste novo parque na cidade, concretamente en Piñeiros, o goberno local atende unha das demandas formuladas polas veciñas e veciños da zona, donde residen unhas sete mil persoas que, nos vindeiros meses, grazas a esta actuación, poderán disfrutar de novos servizos ao carón das súas casas”, subliñou Santalla. “Nos vindeiros meses continuaremos traballando nesta mesma liña, coidando o mantemento dos máis de sesenta parques cos que conta a cidade na zona urbana e rural e incrementando esta cantidade na medida do posible”, apuntou o edil de Servizos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal