Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E A ASOCIACIÓN TERRA RENDIBLE SOBRE ORDENACIÓN FORESTAL AVANZA EN VARIAS PARCELAS DO RURAL
O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E A ASOCIACIÓN TERRA RENDIBLE SOBRE ORDENACIÓN FORESTAL AVANZA EN VARIAS PARCELAS DO RURAL
Propietarios de parcelas forestais en Sedes, entre outros, acolléronse ás medidas impulsadas desde esta asociación sobre plantación, tal e como onte pudieron comprobar a alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, con representantes de Terra Rendible
Narón, 30 de xuño de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, desprazáronse xunto con Carlos Caaveiro, enxeñeiro forestal da Asociación Terra Rendible, a varias parcelas de xestión de monte tutelado pola entidade localizadas na zona rural. O Concello mantén desde hai catro anos un convenio de colaboración con Terra Rendible –o último por un importe de 12.000 euros anuais- en base ao que se aposta pola ordenación das explotacións forestais no termo municipal, tal e como recordou Ferreiro.
O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, subliñou a importancia deste acordo, en canto que contribúe a “facer unha explotación racional do monte respectando as distancias de plantación e posibilitando accesos para facilitar a entrada ante posibles casos de incendios”. O concelleiro naronés destacou o feito de que “desde Terra Rendible se asesora aos propietarios das parcelas de todo o proceso, desde a plantación das árbores ata o momento da corta e posterior venda”.
En representación de Terra Rendible, Caaveiro asegurou que na actualidade “xa se empezan a ver os froitos dun traballo colectivo, que é tamén un traballo divulgativo de ensinarlle á xente como convertirse de propietarios en silvicultores”. O enxeñeiro destacou o feito de que “cada vez chegamos a máis xente e somos capaces de ir ordenando mellor o territorio” e subliñou a importancia de respectar e seguir unha serie de normativas e criterios de cara a ter producións “sustentables e rendibles”, así como do “traballo conxunto para obter maiores beneficios económicos”.
Pola súa parte, a alcaldesa recordou que a entidade, constituída en Narón, conta actualmente con máis dun centenar de socios e destacou a labor que desenvolven en canto ao asesoramento dos mesmos “para obter unha maior rendabilidade das superficies plantadas e, ao tempo, informar sobre cómo ordenar o monte, algo que é moi importante para evitar posibles riscos”.
Durante parte da mañá, Ferreiro, Villamar e Caaveiro, visitaron varias parcelas da zona rural de Narón nas que os propietarios contaron co asesoramento do equipo de Terra Rendible. A distancia das plantacións das diferentes especies e a aposta por castiñeiros, cereixos e carballos en terreos forestais son xa visibles en varias fincas de Sedes e doutras parroquias de Narón.
A alcaldesa aproveitou o encontro desta mañá para valorar o traballo de Terra Rendible e abordar tamén novas colaboracións entre a administración local e a asociación en virtude ao convenio actualmente en vigor.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal