Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DE VERÁN DA LUDOTECA MUNICIPAL
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, recordou que esta proposta, de balde, diríxese a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos
Narón, 31 de maio de 2018. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a próxima apertura, mañá día 1, do prazo para inscribirse, de balde, nas actividades de verán da Ludoteca municipal da Solaina. A edil naronesa explicou que en total se contabilizan corenta prazas, vinte para menores de 3 a 6 anos e as vinte restantes para nenas e nenos de 7 a 12 anos. As persoas interesadas poden formalizar a solicitude na propia Ludoteca, de luns a venres en horario de 16.00 a 20.00. Taibo explicou que o horario de verán das citadas actividades será de 10.00 a 13.00 horas, se ben entre as 13.00 e as 14.00 resérvase para información e préstamo de libros. Este horario estival comezará o vindeiro 22 de xuño e prolongarase durante o mes de xullo e a primeira semana de setembro –agosto pecha por vacacións do persoal- ata o inicio do curso escolar 2018/2019, cando se retomará o horario de tarde nas citadas instalacións municipais. “Viaxando polo mundo” é a temática elixida este ano e que se empregará como inspiración de tódolos xogos e actividades nas que participarán as nenas e os nenos que acudan a estas actividades de verán na Ludoteca municipal. “Trátase de que coñezan outras culturas, cómo viven os menores doutros países e tamén os seus xogos en distintas áreas, así como outras propostas características dos seus países”, apuntou Taibo. Xogos cooperativos, deportivos, de mesa, obradoiros de arte (pintura, debuxo, reciclaxe, construción de instrumentos…), danzas, psicomotricidade, contacontos, obradoiros de animación á lectura e xogos de inxenio (resolución de enigmas, lóxica…) forman parte das propostas da Ludoteca municipal para a tempada estival. “Á vez que as nenas e nenos de 3 a 12 anos desfrutan do xogo, teñen a oportunidade de aprender as costumes doutras culturas e de ampliar os seus coñecementos, tamén cos obradoiros programados”, destacou Taibo. A edil naronesa subliñou ademais que “esta proposta municipal concíbese tamén como unha vía de conciliación para as familias durante a tempada de vacacións dos menores, á que tamén se suman desde o Concello outras propostas tamén nesta mesma liña”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal