Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLERÁ ESTE MES UNHA NOVA EDICIÓN DO XUVIÑO GASTRONÓMICO
Os días 9 e 10 de xuño reuniranse en Xuvia recoñecidos adegueiros do país que traerán caldos dun centenar de bodegas, tal e como explicou a concelleira de Feiras, Mar Gómez
Narón, 1 de xuño de 2018. O Xuviño Gastronómico reunirá os días 9 e 10 de xuño no paseo marítimo de Xuvia a recoñecidos adegueiros procedentes de diferentes localidades. Durante os dous días, tal e como anunciou esta mañá a concelleira de Feiras, Mar Gómez, as persoas que se despracen ata a zona terán a oportunidade de degustar os caldos de varias Denominacións de Orixe: Rioja, Ribera del Duero, Ribeira Sacra, Albariño…, que representarán a un centenar de bodegas. Á propia degustación dos caldos sumarase, tal e como avanzou, unha completa oferta gastronómica, musical e lúdica. Entre as 11.00 horas e as 22.30 poderase desfrutar en Xuvia durante os dous días desta nova edición do Xuviño Gastronómico, organizado polo Concello de Narón. Os adegueiros estarán ubicados en varias carpas que se localizarán na zona do paseo marítimo, nas que atenderán aos visitantes cos seus mellores caldos. Para poder degustalos será preciso adquirir uns tickets –venderanse nunha zona habilitada- que terán un prezo de dous euros. A maiores das carpas dos adegueiros instalarase outra central, de maiores dimensións, na que se sucederán ao mediodía e pola noite, tanto o sábado como o domingo, varios concertos de diferentes grupos musicais. Así mesmo, o apartado gastronómico completarase con postos de venda de carne á brasa, polbo e bolos preñados, entre outros produtos. No Xuviño Gastronómico haberá tamén un espacio reservado para un mercadiño no que se poderán adquirir produtos artesáns (de alimentación, ornamentais… ) e outro para a zona infantil, con camas elásticas e atraccións para as nenas e nenos. A edil responsable da área de Feiras e Mercados recordou que “o Xuviño é unha das citas festivas máis consolidadas desde hai varios anos na cidade, reunindo a centos de persoas que, coa súa presencia, respaldan este evento no que poder coñecer algúns dos caldos máis recoñecidos no sector vinícola”. Mar Gómez apuntou que “a maiores, a través da oferta gastronómica a xente pode comer ou cear na zona do paseo e tamén adquirir produtos nos postos artesanais que se instalarán para a ocasión”. A concelleira convidou á veciñanza a achegarse a Xuvia a vindeira fin de semana para participar desta nova xornada festiva e gastronómica na cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal