Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA O MERCADO DE PRIMAVERA QUE SE CELEBRARÁ NO PARQUE FLUVIAL DO RÍO FREIXEIRO
A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou o evento, que terá lugar do 15 ao 17 de xuño e no que haberá postos de venda de diferentes produtos, food trucks e música
Narón, 6 de xuño de 2018. O parque fluvial do río Freixeiro acollerá a vindeira fin de semana, os días 15, 16 e 17, o Mercado de Primavera organizado polo Concello. A edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou a programación, que durante tres días levará produtos gastronómicos, artesáns e música ao citado emprazamento da cidade. O Mercado de Primavera terá tres áreas completamente diferenciadas, tal e como explicou a edil: un mercado cunha decena de postos de venda e exposición de productos; un mercado gastronómico con dez food trucks e un apartado musical, con catro actuacións programadas para as xornadas do sábado e o domingo. O primeiro día, o venres 15, abrirán únicamente os dez postos do mercado gastronómico, entre as 18.00 e as 00.00 horas. “Haberá unha zona con mesas e cadeiras para que a xente poida sentarse a degustar a comida que se servirá nas food trucks”, apuntou Gómez. A edil explicou que as especialidades que se ofrecerán son comida xaponesa, galega, italiana, mexicana, texano-mexicana, fusión asiática, hamburguesería e doces, indicando que tamén haberá unha food truck que elaborará comida especial para persoas celíacas. En canto aos postos do mercado de produtos, abrirán tanto o sábado como o domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. As persoas que se acheguen ao parque fluvial de Freixeiro poderán adquirir unha gran variedade de produtos da horta, froitas, artículos ecolóxicos e tamén de xardinería, moda e artesanía. A oferta deste mercado completarase tamén os días 16 e 17 coa gastronómica, que abrirá pola mañá de 11.00 a 16.00 e tamén o sábado de 18.00 a 00.00 e o domingo de 18.00 a 23.00 horas. Os concertos completarán a programación do Mercado de Primavera, con catro actuacións, en total, programadas para o sábado e o domingo tanto ao mediodía como pola noite. O día 16 será o turno de Miguel Alonso, a partir das 12.00 e de 3D Band, que actuará ás 21.00 horas e o domingo o de Matthew Ward, ás 12.00 e da cedeiresa Irene Caruncho –gañadora da cuarta edición do concurso La Voz, de Tele 5-, a partir das 20.00 horas. A maiores, os visitantes terán a oportunidade de ver algunhas caravanas que permanecerán estacionadas na zona do parque, a modo de mostra, tal e como apuntou Gómez. “Queremos animar ás veciñas e veciños a que se despracen ao parque fluvial de Freixeiro a vindeira fin de semana e aproveitar a ocasión de ver os produtos que alí se venderán e exporán, así como desfrutar da completa oferta gastronómica deste Mercado de Primavera”, asegurou a edil naronesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal