Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA E A AVV "OS IRMANDIÑOS" DO VAL INICIAN OS ACTOS DO PROGRAMA DA RECREACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
O PADROADO DA CULTURA E A AVV
Unha andaina solsticial e un roteiro cicloturista abrirán, os días 8 e 9 de xuño respectivamente, a programación deste evento festivo, tal e como indicaron a edil de Cultura, María del Carmen Espada, e a presidenta da AVV "Os Irmandiños", Belén Rodríguez
Narón, 7 de xuño de 2018. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, e a presidenta da Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, Belén Rodríguez, deron a coñecer esta mañá os actos correspondentes á programación da vixésimo primeira edición da Recreación das Lendas da Pena Molexa. Esta fin de semana, mañá e o sábado, terán lugar as primeiras propostas, tal e como avanzaron, se ben a propia Recreación das Lendas da Pena Molexa será o día 16 deste mes, e o vindeiro 22 programouse unha charla-coloquio coa que se pechará a programación. “Quero agradecer a colaboración e gran implicación da AVV “Os Irmandiños”, do Val co Padroado da Cultura na organización dunha nova edición desta festa, coa que continuamos mantendo viva a nosa historia, as nosas tradicións e, ao mesmo tempo, coidando e valorando o noso patrimonio”, destacou Espada.
A Andaina solsticial de mañá venres abrirá os actos deste evento festivo, de marcado carácter cultural e etnográfico, a partir das 22.30 horas. Partirá das inmediacións do convento de Baltar e consistirá nun percorrido pola parroquia ata a Pena Molexa, no que as veciñas e veciños que asistan portarán fachos para alumear o camiño, tal e como explicou a edil naronesa. O vindeiro sábado, día 9, será o tradicional Roteiro cicloturista, tamén pola parroquia do Val e con saída prevista para as 11.00 horas das inmediacións do local social. Os asistentes terán a oportunidade de coñecer o patrimonio material desta parroquia, que integran castros, casas medievais e construcións relixiosas como o convento de Baltar ou a capela de Santa Margarita. O equipo de Educación Viaria de Narón colaborará nesta actividade, tal e como recordou a concelleira de Cultura.
Na xornada do 16 de xuño será a Recreación das Lendas da Pena Molexa, que novamente terá lugar na zona do Castro de Vilasuso, no Val. Para esta xornada, a principal desta celebración, programáronse varias actividades, que comezarán ás 18.00 horas cunha sesión de Xogos tradicionais e Deporte rural. Máis chegada a noite, a partir das 20.00 horas, actuará o Grupo de gaitas do Padroado da Cultura de Narón e, coincidindo co inicio do apartado musical, haberá unha churrascada popular. O grupo galego de música tradicional Treixadura dará un concerto a partir das 22.00 horas e ás 00.00, como cada ano, comezará a Recreación das Lendas da Pena Molexa, coa representación protagonizada por alumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón. Estas lendas contan a historia dunha moura que se convertiu en rocha nesta zona, nunha noite que coincidía co solsticio de verán. Ás 00.30 horas haberá unha Lumeirada popular.
Finalmente, o día 22 terá lugar na parroquia unha charla-coloquio sobre o Patrimonio material da parroquia do Val, que impartirá o Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga e arqueólogo do Concello de Narón, Andrés Pena.
A representate da AVV “Os Irmandiños” do Val e a edil naronesa animaron á cidadanía a desfrutar en Narón dos actos programados nesas catro xornadas con motivo da Recreación das Lendas da Pena Molexa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal