Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLE A ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS FIP IMPARTIDOS POLA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE TALLERES EN PENA PARDA
O Concello de Narón acolleu onte a entrega de diplomas dos dous cursos FIP impartidos pola Asociación Provincial de Talleres en Pena Parda. O acto, presidido polo Alcalde Xoán Gato, contou tamén coa presenza da Delegada Provincial de Traballo María Debén Alfonso, a Primeira Tenente de Alcalde, Mª Ángeles Pardo, e diversos responsables da Asociación de Talleres de A Coruña e da súa delegación en Ferrolterra, así como varios membros do persoal docente. Aínda que non puideron asistir todos, por atoparse xa colocados na súa recentemente adquirida especialidade, son en total trinta os alumnos diplomados nos dous os cursos FIP que se levan a cabo no centro de formación, Chapa e Pintura e Electricidade e Mecánica, con quince prazas cada un. O título, homologado pola Xunta de Galicia, contempla as máis de 700 horas de duración dos cursos, o que garante, na maior parte dos casos, unha colocación profesional inmediata que alcanza ó 85% dos matriculados. Cabe destacar a crecente participación feminina nuns cursos tradicionalmente constituídos por homes. Nesta promoción o 10% do alumnado son mulleres. O Alcalde, Xoán Gato, declarou que o Concello de Narón sempre foi moi sensible á formación específica, sendo o primeiro da Comarca que creou unha escola de formación propia para atenuar unha eiva na educación que estábase a dar naquel momento, fai xa sete anos. Unha formación que ten máis pulo hoxe en día que moitos estudios superiores, xa saturados. Ademais, afirmou que a colaboración do Concello coa Asociación de Talleres e a Consellería de Traballo para levar a cabo estes cursos FIP, é “unha das mellores e máis satisfactorias”, ó conseguir que os xoves naroneses poidan atopar emprego no seu entorno, en tempos francamente difíciles pola crise económica. Á crise tamén referiuse a Delegada Provincial de Traballo, quen afirmou que existe a capacidade de sobrepoñerse a ela coa colaboración entre administracións a vontade dos mozos e mozas, e quen renovou o compromiso da Administración Autonómica coa Asociación Provincial de Talleres e co Concello de Narón, para seguires con estes cursos especializados con tan amplas posibilidades de inserción laboral. Pola súa parte, José Manuel Vilaboy, Presidente da Delegación da Asociación Provincial de Talleres en Ferrolterra, expresou a ledicia e a sorpresa que senten os responsables da Asociación á vista do volume de alumnos e da alta porcentaxe de ocupación dos cursos, ós que calificou como “unha oportunidade con moito porvir”. E aproveitou para pedir unha ampliación das instalacións. Ó fin do acto, tivo lugar a entrega a José Luis Suárez, ex concelleiro do Concello de Narón e membro da Xunta Provincial de Talleres, dunha placa de recoñecemento ó traballo realizado durante a súa estadía política no Consistorio naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal