Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CAMPAMENTO MUNICIPAL NARÓN MOCIDADE ACTIVA
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CAMPAMENTO MUNICIPAL NARÓN MOCIDADE ACTIVA
A concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, explicou que a iniciativa se desenvolverá o vindeiro mes de xullo e que hai un total de vinte prazas
Narón, 18 de xuño de 2018. O Concello de Narón abriu hoxe o prazo para inscribirse no campamento municipal Narón Mocidade Activa, dirixido a unha vintena de mozas e mozos nados entre os anos 2002 e 2005 e empadroados en Narón. A concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, explicou que se trata dunha iniciativa que se desenvolverá entre o 16 e o 21 de xullo e que consta de varias actividades. As persoas interesadas en anotarse –de balde, rematando o prazo o 2 de xullo- poderán facelo cubrindo a instancia que poden descargar da páxina web do Concello de Narón: http://www.naron.es/web/docs/formacion/S-SOC-35_Solicitude_Campamento_Mocidade_Activa_LPACAP.pdf ou solicitala no Rexistro municipal, se ben tamén se pode tramitar a inscrición a través da Sede Electrónica do Consistorio.
Hermida avanzou que as instalacións da Casa da Mocidade (A Gándara) e do Parque Temático de Aldea Nova (Sedes), así como a praia de Esmelle (Ferrol), son as zonas nas que se impartirán as diferentes actividades, que arrancarán o día 16 de xullo coa presentación dos participantes e un obradoiro de graffite na Casa da Mocidade. Nesa mesma ubicación haberá un obradoiro de muralismo o día 17 e, nas súas inmediacións, no skatepark, un obradoiro de iniciación ao skate e ao parkour. Na xornada do 18 de xullo a programación continuará na praia de Esmelle, cun obradoiro de iniciación ao surf e unha actividade alternativa –para a primeira delas é imprescindible saber nadar-. O xoves 19 haberá un obradoiro de igualdade e corresponsabilidade e outro de muralismo na Casa da Mocidade e o venres 20 as actividades terán lugar nas instalacións de Aldea Nova, consistindo nesa xornada nunha andaina desde a Casa da Mocidade ata Aldea Nova; xogos de pistas e dinámicas grupais e unha cea e pernocta en Aldea Nova. Por último, indicou a edil, rematará a programación cun almorzo, xogos e dinámicas grupais, un obradoiro de cociña e un xantar grupal en Aldea Nova.
As actividades terán lugar en horario de tarde, desde as 16.30 ata as 20.30 horas, de luns a xoves, e o venres de 16.30 con pernocta ata o sábado ás 16.30.
A concelleira de Mocidade explicou que as prazas adxudicaranse de xeito directo no caso de que a demanda non supere á oferta das mesmas e, se fose superior, realizarase un sorteo público o día 5 de xullo ante o secretario xeral do Concello naronés.
“Esta é a primeira edición deste campamento dirixido ás mozas e mozos de Narón, unha proposta lúdica e tamén cun apartado formativo que lles permitirá relacionarse con persoas da súa mesma idade e desfrutar dunha serie de obradoiros cunha oferta moi completa en canto á súa temática”, subliñou Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal