Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ A PROXECCIÓN DUN DOCUMENTAL DA CAMPAÑA PROVINCIAL DE SENSIBILIZACIÓN DO DEPORTE FEMININO
O PAZO ACOLLERÁ A PROXECCIÓN DUN DOCUMENTAL DA CAMPAÑA PROVINCIAL DE SENSIBILIZACIÓN DO DEPORTE FEMININO
A cita, aberta ao público xeral, será o martes 19 de xuño a partir das 19.00 horas, e consistirá na proxección dun video e un coloquio final
Narón, 18 de xuño de 2018. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá mañá martes, a partir das 19.00 horas, a proxección dun documental promovido pola Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Narón, titulado “Contra os elementos”. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, e o edil de Deportes, Román Romero, anunciaron esta iniciativa, aberta á participación do público en xeral, e coa que se pretende mellorar a proxección das mulleres deportistas, recoñecer o seu esforzo e poñer en valor o traballo deportivo que levan a cabo para conquistar os seus obxectivos, visibilizando o papel das mulleres no mundo do deporte, tal e como indicaron desde a organización.
Sabio destacou que a iniciativa se enmarca na campaña provincial “Conquista os elementos”, que a Deputación da Coruña levará a cabo este ano nas dezaoito comarcas da provincia da Coruña. Trala proxección do vídeo, tal e como apuntou Sabio, abrirase un turno de debate no que as persoas que acudan poderán realizar as preguntas que consideren oportunas.
Pola súa parte, o concelleiro de Deportes explicou que dúas persoas vencelladas ao deporte na cidade darán o seu punto de vista sobre esta temática. Román Romero agradeceu de antemán a presencia na convocatoria de Bruno Saavedra, deportista no Club de Ximnasia Rítmica Acordes, de Narón, e de Bárbara Grandal, directiva da Sociedade Deportiva O Val, encargada da xestión do equipo feminino da entidade. “Ambos ofrecerán os seus puntos de vista desde a comunidade deportiva da nosa cidade”, apuntou o edil.
Os concelleiros naroneses animaron á cidadanía a asistir a este acto, que terá unha duración máxima dunhas dúas horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal