Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A DELEGACIÓN DE AGA EN FERROLTERRA CONVOCAN UNHA CHARLA SOBRE A VESPA VELUTINA EN CASTRO
Persoal da Asociación Galega da Apicultura falará aos asistentes sobre esta especie de vespa no local social de Castro o 20 de xuño ás 19.30 horas
Narón, 19 de xuño de 2018. O salón de actos do local social da AVV de Castro acollerá mañá, ás 19.30 horas, unha charla impulsada polo Concello e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA), sobre a “Importancia do trampeo en primavera”. O concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico, animou á veciñanza a asistir a esta convocatoria, na que persoal de AGA informará aos asistentes sobre os sistemas de control e vixilancia da vespa velutina. O ciclo de comportamentos desta especie, os colectivos afectados, como evitar que se constrúan niños preto das vivendas, trampeo primaveral e retirada de niños en verán e no outono, así como a elaboración de distintos tipos de trampas e atraíntes serán os temas que se abordarán na sesión. Así mesmo, tal e como indicaron desde AGA, entregaranse entre os asistentes atraíntes e trampas para que colaboren nas tarefas de trampeo das raíñas de velutina. Unha vez rematadas as charlas en parroquias da zona rural de Narón –a de Castro será a última- realizarase un estudo estatístico sobre a situación actual en Narón con respecto á proliferación e ao control da vespa velutina.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal