Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO COLABOROU COA ANPA DO COLEXIO PONTE DE XUVIA NUNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
O CONCELLO COLABOROU COA ANPA DO COLEXIO PONTE DE XUVIA NUNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Un centenar de alumnas e alumnos de educación Infantil e Primaria participaron na plantación dunha docena de metrosideros
Narón, 19 de xuño de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse esta mañá ao paseo marítimo de Xuvia para participar nunha plantación dunha docena de árbores. O Concello e a ANPA do colexio Ponte de Xuvia coordinaron esta actividade, na que participaron un centenar de alumnas e alumnos do citado centro educativo.
Os nenos e nenas, de tres aulas de Infantil e dúas de Primaria –de entre 3 e 7 anos- recibiron unha explicación ao inicio da actividade, ás 11.30 horas, sobre o mellor xeito de plantar árbores e tamén das características dos doce exemplares plantados, todos eles metrosideros. Unha vez que lles ofreceron as explicacións oportunas, o profesorado do colexio dividiunos en grupos para iniciar as tarefas de plantación, nas que se aplicaron todos os asistentes ata rematar a tarefa prevista.
Marián Ferreiro agradeceu a implicación da ANPA e do resto da comunidade educativa do colexio Ponte de Xuvia por “apostar por este tipo de actividades formativas de carácter medioambiental, inculcándolles ás nenas e nenos a importancia de coidar e respectar o medio ambiente” e agradeceulles aos menores a súa participación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal