Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O MAGO ANTÓN LEVARÁ Á SOLAINA O SEU ESPECTÁCULO "A VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS"
O MAGO ANTÓN LEVARÁ Á SOLAINA O SEU ESPECTÁCULO
O Padroado da Cultura e o Agadic traen a Narón esta proposta cultural, que se desenvolverá o venres 22 na rúa Francisco Pizarro, tal e como indicou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada
Narón, 20 de xuño de 2018. O Padroado da Cultura de Narón programou para o vindeiro venres, día 22, unha nova sesión do espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos, protagonizado polo Mago Antón, e que terá lugar na rúa Francisco Pizarro, na Solaina. En total ofreceranse catro funcións, ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas –ao igual que se fixo a pasada semana na Praza da Gándara- e as entradas dispoñibles poden recollerse, de balde, en varios establecementos do barrio da Solaina.
O aforo está limitado a setenta persoas por función, ao ser esa a capacidade do magomóbil no que se desenvolven as mesmas, dirixidas a todo tipo de públicos, tal e como recordou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada.
Os asistentes terán a oportunidade de desfrutar dun divertido espectáculo no que os xogos de maxia sorprenderán a nenos e maiores. O Mago Antón buscará a implicación de tódalas persoas que se suban ao magomóbil, un autobús caracterizado para este espectáculo e co que percorre diferentes municipios de Galicia con esta proposta cultural. Tralas citas da Gándara e A Solaina, o Padroado da Cultura de Narón, en colaboración co Agadic, ofrecerá tamén este espectáculo o vindeiro día 29 de xuño na parroquia de Xuvia, tal e como apuntou Espada.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal