Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AS FAMILIAS DO PROXECTO APEGO VISIBILIZARON O APOIO Á CRIANZA EN GALEGO CUNHA SESIÓN FOTOGRÁFICA
AS FAMILIAS DO PROXECTO APEGO VISIBILIZARON O APOIO Á CRIANZA EN GALEGO CUNHA SESIÓN FOTOGRÁFICA
O Parque do Río Freixeiro acolleu a iniciativa, impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello e na que tamén participou a edil de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 20 de xuño de 2018. As máis de cincocentas familias da cidade que forman parte do programa Apego, de socialización en galego desde o berce, foron convocadas a unha sesión de fotos no Parque fluvial do Río Freixeiro. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que con esta iniciativa, que dará comezo ás 18.00 horas, “tratamos de visibilizar o apoio á crianza dos nenos e nenas en galego, destacando as vantaxes que supón e consolidando a nosa lingua e o seu futuro”.
O programa Apego impúlsase a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello. No ano 2015 comezaron a apuntarse as primeiras familias e desde entón, tal e como destacou Taibo, xa son máis de cincocentas as que apostan por criar aos seus fillos e fillas en galego. “Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello ofrecémoslles información, recursos, materiais e propoñemos unha serie de actividades, en función da idade dos menores, para facilitarlles ás familias esa socialización en galego”, explicou a edil.
Taibo agradeceu a implicación das veciñas e veciños neste proxecto e tamén a do persoal das tres escolas infantís municipais –A Solaina, A Gándara e Piñeiros- e da Galiña Azul de Xuvia pola súa participación nos obradoiros nos que puideron aprender unha serie de recursos infantís en galego que logo teñen a oportunidade de empregar tanto nas súas casas como nas aulas. Así mesmo, a edil destacou a labor de difusión que realizan sobre o programa Apego as matronas do centro de saúde de Narón, “porque o boca a boca sempre funciona e tamén lles entregan ás futuras nais e pais folletos informativos sobre este programa”.
“Desde o Concello de Narón continuaremos traballando para que cada día se incremente o número de familias deste proxecto, porque temos que visibilizar e transmitir aos nenos e nenas desde o berce o privilexio de poder falar o galego, a nosa lingua e mellor sinal de identidade como pobo”.
A concelleira de Ensino recordou tamén que todas aquelas persoas que queiran recibir información sobre este proxecto poden facelo a través do correo electrónico a.pita@naron.es ou chamando ao teléfono 981 377 7 00 (extensión 1516).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal