Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INICIARÁ O VINDEIRO MES DE XULLO A SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
O CONCELLO INICIARÁ O VINDEIRO MES DE XULLO A SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL
O Padroado da Cultura de Narón organiza esta convocatoria, que contempla un total de oito espectáculos durante as mañás de catro domingos en espazos públicos da cidade
Narón, 21 de xuño de 2018. O programa municipal Verde que te quero verde alcanza este ano a súa segunda edición. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, a edil de Cultura, María del Carmen Espada, e Daniel García, integrante da Banda do Garaxe, presentaron esta mañá en Santa Icía os espectáculos desta convocatoria. Ferreiro explicou que se trata de oito propostas culturais, todas elas de balde, dirixidas a público familiar e infantil e que se sucederán en diferentes espazos públicos de ocio da cidade entre o 1 e o 22 de xullo, sempre a partir das 12.30 horas. “Trátase de fomentar un ano máis este tipo de encontros musicais para todos os públicos, convocando unha actividade musical ao inicio, dunha duración duns trinta minutos, para a continuación dar comezo un concerto en cada unha das sesións”, explicou Ferreiro.
A primeira das citas será o 1 de xullo na Praza Irmáns Freire, en Xuvia, e correrá a cargo de Anxo Moure e Servando Barreiro e The Lákazans. A primeira das propostas está protagonizada por Graciano Zoqueiro, un trasno e gaiteiro que descubre que as árbores fan música e, durante o espectáculo, escoita diferentes instrumentos e descubre tamén que os incendios e as talas fan desaparecer eses sons, polo que buscará axuda para salvar a música das árbores. A continuación actuarán The Lákazans, un grupo galego nado en Boiro no ano 2012 que mistura ritmos como o blues, o country e o soul. Nos seus directos os integrantes deste grupo –dúas solistas, batería e percusión, guitarra, baixo e armónica- combinan as súas cancións con versións moi persoalizadas. A formación editou o seu primeiro disco, Homegrown, no ano 2015 e obtivo unha nominación aos Premios Martín Códax da Música.
O día 8 de xullo os encontros culturais do programa Verde que te quero verde trasladaranse ao parque da Rúa 25 de Xullo, no Alto, coas actuacións de Golfiños e Fetén Fetén. A voz melodiosa de Eli, os acordes máxicos de Josiño e os delicados dedos de Diego compoñen Golfiños, un equipo que ofrecerá os temas do seu primeiro disco, que fará ao público gozar coas súas cantigas. A segunda proposta do día, Fetén Fetén, ten como protagonistas a Jorge Arribas e Diego Galaz, dous burgaleses cunha música caracterizada pola memoria das raíces e tradicións, na que combinan diferentes estilos dos máis diversos países: España, Portugal, Italia, Arxentina, Xapón…
O barrio da Solaina acollerá a terceira das propostas deste programa, o día 15, con Martiña Soñadora e A Banda do Garaxe, esta última da Agrupación Cultural Musical Sementeira. A voz e o ukelele de Sabela King e o piano e a voz tamén de Carlos Gil son a proposta de Martiña Soñadora, unha formación de recente creación que fará bailar ao público ritmos brasileiros, rock and roll e blues… sempre coas súas fermosas letras en galego e en francés, todas elas composicións propias. O público poderá presenciar tamén a actuación de A Banda do Garaxe, constituída no ano 2016 e integrada por doce xóvenes músicos de Narón e comarca, donde xa protagonizaron varias actuacións. Música de Adele, Raphael, Abba, Bonney M., entre outros artistas e varios temas de rock español forman parte do repertorio desta banda musical.
A última das propostas de Verde que te quero verde será o 22 de xullo no parque das Vivendas da Mariña, en Santa Icía. Para esta ocasión poderase desfrutar dos espectáculos de Cé orquestra pantasma e Joao Afonso, que terá a Uxía como artista convidada. A figura do home orquestra centra o espectáculo de Cé orquestra pantasma, dividido en dúas partes: unha musical para xogar, cantar e bailar e outra de exploración instrumental con diversos obxectos sonoros. Finalmente, Joao Afonso, un dos maiores expoñentes da música en lingua portuguesa e Uxia, referente da música lusófona, unirán as súas voces para comunicar a emoción de Portugal e Galicia, interpretando varios temas das súas dilatadas carreiras profesionais.
A alcaldesa e a edil de Cultura, María del Carmen Espada, animaron á cidadanía a acudir aos espectáculos programados nesta segunda edición de Verde que te quero verde, “para poder desfrutar da música en familia en espazos públicos ao aire libre da nosa cidade”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal