Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E A EDIL DE FORMACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS ENTREGARON OS DIPLOMAS DE VINTE ACCIÓNS FORMATIVAS NO AUDITORIO MUNICIPAL
Marián Ferreiro e Natalia Hermida felicitaron á tódalas persoas que remataron os cursos e animáronas a continuar formándose co fin de dispoñer de máis posibilidades de acceso ao mercado laboral
Narón, 22 de xuño de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, entregaron no Auditorio municipal os diplomas correspondentes a un total de vinte accións formativas, nas que resultaron aptas 134 alumnos e alumnas. “En total destináronse algo máis de 27.000 euros á convocatoria destes vinte cursos dos que entregamos os diplomas, e que permitiron ofrecer case 1.074 horas de formación en diferentes áreas”, explicou a alcaldesa. Ferreiro e Hermida felicitaron a tódalas persoas que remataron con éxito estas accións formativas, animándoas a continuar preparándose e solicitando no Concello toda a información que estimen oportuna sobre as próximas convocatorias nas áreas de Formación e Novas tecnoloxías. Das persoas convocadas para o acto, un total de 102 obtiveron o diploma correspondente a algún dos seis cursos –tres deles con dobre edición- do Programa municipal de formación dirixido a persoas desempregadas da cidade e que supuxeron 491 horas. Os cursos, impartidos entre os meses de marzo e maio deste ano, foron de Prevención de Riscos Laborais –dúas edicións-, Medio Ambiente no Naval e Prevención de Riscos no Naval, Certificación UNE Carretilleiro e PEMP –dúas edicións-, Autoemprego, Mellora da Empregabilidade e Preparación de Competencias Clave Nivel 2 –tamén con dúas edicións-. Os 72 diplomas entregados correspondentes aos cursos tecnolóxicos que se impartiron na Aula Cemit de Xuvia ¬–varias persoas realizaron máis dun curso desta modalidade- entre os meses de febreiro e xuño deste ano, implicaron un total de 556 horas formativas. Iniciación a Internet e correo, Iniciación ao tratamento de textos, Iniciación follas de cálculo, Iniciación bases de datos, Iniciación presentación de gráficas, Intenet e almacenamento na nube, Tratamento de textos avanzados, Follas de cálculo avanzado, Bases de datos avanzado, Presentación de gráficas avanzadas, Comunicación Social Media, Trámites e compras en liña, Edición de imaxes con GIMP e Busca de emprego en internet foron os cursos impartidos nesta área. A concelleira recordoulles aos asistentes que todavía se poden inscribir no curso de Soldadura TIG e MIG, do programa municipal Mocidade Narón Activa 4.0, que se impartirá nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz. Este itinerario formativo, que terá unha duración de 684 horas, diríxese a mozas e mozos maiores de 16 anos e que non teñan cumpridos os 30, empadroados no Concello de Narón. As persoas que cumpran os requisitos poden anotarse ata o 6 de xullo no Rexistro municipal ou a través da Sede Electrónica do Concello. Este proxecto formativo está subvencionado polo Ministerio da Presidencia e para as Administracións Territoriais con fondos da Unión Europea (donde se especifican os requisitos da idade). A maiores, as representantes do goberno local avanzaron que a partir do vindeiro mes de setembro convocaranse cursos de Fontanería e Calefacción básica, de Operacións básicas de cociña, Servizos básicos de restaurante e bar, Cultivos baixo abrigo e Manexo de produtos fitosanitarios, Alturas e traballos verticais e Prevención de Riscos Laborais Naval e Medio Ambiente Naval. Hermida subliñou que desde as áreas que preside se está traballando para conseguir a homologación de máis accións formativas desde o Concello, entre elas a de Competencias Clave Nivel 2, e valorou, xunto coa alcaldesa, o traballo realizado polo persoal do Concello para poder desenvolver cada ano unha ampla oferta formativa. Finalmente, a alcaldesa manifestou o seu desexo de que o alumnado poida mellorar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral a través destes cursos. “O Concello non ten competencias na área de Emprego pero si en formación un área á que cada ano tratamos de dotar de máis recursos económicos para poder ofrecer a maior variedade posible de cursos”, asegurou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal