Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS ENTRADAS PARA O CONCERTO DE LUZ CASAL EN OUTUBRO NO PAZO DA CULTURA
A solista galega Luz Casal chegará a Narón no marco da xira do seu último disco, "Cuando el río suena..."
Narón, 22 de xuño de 2018. As entradas para o concerto que a solista galega Luz Casal dará o vindeiro 6 de outubro –ás 20.00 horas- no Pazo da Cultura de Narón están xa a piques de esgotarse. As persoas interesadas poden adquirilas na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es, tal e como anunciou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada. O prezo é de 35 euros para o público xeral e de 24,50 en tarifa reducida (abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante –ata 25 anos-). Luz Casal interpretará en Narón temas do seu último disco, Que corra el aire, con once novas cancións, e que viu a luz o pasado mes de marzo. A cantante galega está realizando unha xira por todo o país con este traballo, o primeiro con temas orixinais desde o ano 2013 (cando editou Almas gemelas) e no que mistura diferentes estilos musicais. O público poderá tamén desfrutar dalgunhas das cancións máis recoñecidas da cantante galega no transcurso deste concerto programado no Pazo da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal