Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO MUNICIPAL DENUNCIA A SITUACIÓN QUE SOFRE O SECTOR IV DO POLÍGONO RIO DO POZO
O GOBERNO MUNICIPAL DENUNCIA A SITUACIÓN QUE SOFRE O SECTOR IV DO POLÍGONO RIO DO POZO
SEPES, Telefónica e Fenosa ralentizan o avance das empresas
O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e a Primeira Tenente de Alcaldía, Ángeles Díaz, transmitiron ós medios de comunicación en rolda de prensa a situación de paralización que sofren os empresarios que adquiriron parcelas no Sector IV do polígono Río do Pozo. Este sector ten xa en menos dun mes 81 parcelas vendidas, un 56,25% do total, o que demostra o seu gran éxito e a interese que esperta nos emprendedores, malia a situación de crise económica do momento. Sen embargo, a resposta por parte dos organismos e administracións non é a esperada.

A SEPES, Entidad Pública Empresarial del Suelo, non formalizou a día de hoxe ningunha escritura de propiedade das parcelas de dito sector, pese a que o Plan de Reparcelación do Polígono foi publicado no BOP pasado 18 de xullo. As consecuencias para os propietarios son moi graves, xa que sen esa escritura non poden pedir ningún tipo de subvención nin axuda, nin acollerse a ningún plan de dinamización, nin dotar as súas parcelas dos servizos que lle son imprescindibles.

Fenosa, que mantén un conflito coa SEPES, aínda non comezou a construír a subestación de enerxía eléctrica que vai abastecer ás empresas, e cuxa parcela reservada xa pagaron os empresarios no momento da compra da súa, cun desembolso de cerca de 4.000.000€. Debido a isto, as empresas teñen que recorrer a xeradores, cando realmente para a execución das obras poderíaselles dar suministro provisional a través da liña da nova cementera.

Da mesma maneira, Telefónica non dotou aínda de servizos de voz e de datos ás parcelas, situación que recorda ós inicios do Sector III, cando algunha empresa tivo que estar traballando só con telefonía móbil durante máis dun ano.

Á vista desta situación, só catro parcelas das 81 vendidas tramitaron a solicitude de construción no Concello, entre elas o proxecto dunha planta de biodiésel.

O Alcalde de Narón, Xoán Gato, recordou que “ante a demagoxia do apoio a industrialización”, o Concello de Narón “fai os deberes”, dotando de todos os servizos esixidos pola SEPES, alumeado, rúas, alcantarillado etc, ó Polígono. Gato considera que este abandono do Estado é unha nova mostra do pouco que interesa o desenvolvemento de certas partes de Galicia, e que é “un auténtico delito social” que desde as administracións se cerren portas ós emprendedores “nun momento de crise como o que estamos vivindo”. E asegura que dende o Concello procurarase que nunca quede a Comarca sen chan industrial para garantir o futuro das empresas, como se está a facer agora coa adquisición de 400.000 m2 de superficie no Polígono das Lagoas, unha vez ocupados os catro sectores do Río do Pozo.

Ángeles Díaz, pola súa parte, afirmou que dende o Concello estanse a realizar todas as actuacións ó seu alcance, comezando por facer pública esta situación, e seguindo por dirixirse de forma urxente á Delegación da Consellería de Industria para que “actúe de maneira inmediata nas súas competencias e medie nas que non sexan súas cos órganos competentes”.

Da mesma maneira, o Concello dirixirase á SEPES para que con toda urxencia proceda a formalizar as escrituras das parcelas adxudicadas, e a Fenosa para que comece os traballos da subestación de enerxía eléctrica. A Primeira Tenente de Alcalde tamén anunciou que tratarán de conseguir una reunión conxunta de organismos e empresarios para fixar un calendario de realización das actuacións demandadas, e que o Goberno Municipal presentará en breve a Unidade de Mantemento do Polígono Río do Pozo.

Ambos coincidiron en destacar a extrema importancia para a Comarca dun Polígono que xera máis de 7000 empregos directos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal