Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA CLASES E AULAS DE ENSAIO DA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA CLASES E AULAS DE ENSAIO DA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA
As actividades teñen un custo de 7,60€ ó mes.
A Concellería de Mocidade ten aberto o prazo de matrícula para as clases e aulas de ensaio da Escola de Música Moderna. O obxectivo xeral destas actividades será o de promover a música realizada polos grupos xoves que poidan amosar a súa expresión musical en centros cívico sociais, prazas, etc., ademais de promover a súa formación técnico-musical. Outros obxectivos mais concretos serán fomentar foros de encontro que propicien o troco artístico-musical entre novos grupos, xerar unha cultura musical entre os mais novos, realizar dúas clases maxistrais ó longo do curso para asentar contidos, ou “kedadas musicais” nas prazas e outros lugares públicos.

As clases impartiranse en dous grupos, iniciación e perfeccionamento, e dividirán os seus contidos en torno ó coñecemento da guitarra, a percusión e o son. Estás dirixidas a mozos e mozas de 12 a 30 anos, empadroados en Narón, e terán dous horarios posibles: os luns e xoves de 17 a 18 horas e os sábados de 11 a 13 horas.

En canto as aulas de ensaio, poderán solicitarse polos grupos de música para calquera día de luns a venres, nunha marxe horaria de 10:00 a 14:15 horas pola mañá e de 17:00 a 21:15 horas pola tarde. Os grupos de música deberán ter como mínimo un membro empadroado en Narón.

Todas as actividades realizaranse na aula de ensaio da Casa da Mocidade (A Gándara) e terán un custo de 7, 60€ ó mes. Os interesados deberán dirixirse ó Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, á Oficina Municipal de Información Xuvenil, ou chamar ó teléfono 981337700, extensión 258.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal