Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ EN SETEMBRO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS BONIFICACIÓNS DAS TAXAS DE RECOLLIDA DE REFUGALLOS, REDE DE SUMIDOIROS E SUBMINISTRO DE AUGA
As persoas que cumpran os requisitos establecidos deberán tramitar estas bonificacións a partir do 1 de setembro, e ata o día 20, a través do Rexistro Xeral do Consistorio ou do Servizo Sociocomunitario Municipal
Narón, 11 de xullo de 2018. O prazo de solicitude das bonificación das taxas correspondentes á recollida de refugallos, á rede de sumidoiros e ao subministro de auga potable para o ano 2019 manterase aberto entre os días 1 e 20 de setembro. As persoas destinatarias destas bonificacións deben cumprir unha serie de requisitos e tramitalas a través do Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30 horas, nas datas anteriormente indicadas, se ben tamén poden solicitalas a través do Servizo Sociocomunitario Municipal –primeiro andar do Concello-. Naqueles casos nos que as persoas xa teñen concedidas estas bonificacións das taxas para o presente exercicio, non é preciso volver a solicitalas se se manteñan as circunstancias que se deron no momento da concesión das mesmas. Se variaron esas condicións ou as persoas solicitantes teñen concedido o 50% da bonificación e cumpren os requisitos para que se lles recoñeza o 75% é preciso acreditalo, tal e como se recalcou desde o goberno local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal