Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ACOLLERÁ MAÑÁ A PRIMEIRA XORNADA DO MERCADO MEDIEVAL
A cita desenvoverase do 13 ao 15 de xullo na cidade e contempla una gran variedade de espectáculos dirixidos ao público familiar e infantil, tal e como indicou a concelleira de Festas e Mercados, Mar Gómez
Narón, 12 de xullo de 2018. O Mercado Medieval de Narón abrirá mañá a partir das 18.00 horas no Parque do Río Freixeiro para continuar o sábado e o domingo cunha gran variedade de propostas dirixidas a todos os públicos. Cun pasarrúas a cargo da formación de música folk Treefolk, ás 18.30 horas, arrancará a programación da fin de semana que inclúe tamén o primeiro día espectáculos con personaxes fantásticos –Human no Limits-, visitas de trasgos, unha roda humana –tamén a cargo de Human no Limits- e un espectáculo aéreo e de lume para despedir a noite do venres. A esta oferta, tal e como recordou a concelleira de Festas e Mercados, Mar Gómez, súmanse un centenar de postos que se instalarán na zona e nos que se ofrecerán produtos gastronómicos, artesanía (con demostracións en vivo), e artículos ornamentais, entre outros. Na xornada do sábado o Mercado Medieval poderá visitarse a partir das 11.00 horas e de novo o grupo Treefolk amenizará a mañá cun pasarrúas. Haberá tamén espectáculos acrobáticos e piruetas, visita de faunos, propostas para o público infantil, xogos de habilidade e outros espectáculos ata o mediodía. Pola tarde abrirá a partir das 18.00 horas e de novo regresarán ao Parque do Río Freixeiro a música, os espectáculos con figuras humanas, e outros aéreos e de lume, as acrobacias e piruetas e algunhas representacións propias da época do medievo. A última xornada do Mercado Medieval será o domingo, cando tamén poderá visitarse en horario de mañá e tarde, desde as 11.00 e a partir das 18.00, e cunha gran variedade de propostas musicais, de trasgos, xogos de habilidade, e outras pensadas para público familiar e infantil. Desde o Concello animouse á veciñanza de Narón a desfrutar da programación do Mercado Medieval, convidando tamén á xente doutras localidades a achegarse entre mañá e o domingo ao Parque do Río Freixeiro para ver os espectáculos que se sucederán na zona e tamén os produtos que se venderán e poderán degustar nos postos instalados nesta nova edición do Mercado Medieval.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal