Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
INTEGRANTES DO EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA DO CONCELLO IMPARTIRON UNHA CHARLA NO LOCAL DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROL
INTEGRANTES DO EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA DO CONCELLO IMPARTIRON UNHA CHARLA NO LOCAL DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROL
Pedro Caneiro e Sonia López abordaron co colectivo diversos temas relacionados coa educación viaria e a vindeira semana persoal da AXF impartirá no Concello un obradoiro sobre Lingua de Signos
Narón, 13 de xullo de 2018. Dous dos integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, Pedro Caneiro e Sonia López, impartiron na xornada de onte unha charla nas instalacións da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (AXF) sobre Educación viaria para todos. Os asistentes á mesma amosaron o seu interese polos temas abordados durante a hora e media que durou aproximadamente a convocatoria –de 11.00 a 12.30- e a vindeira semana, concretamente os días 19 e 20 de xullo, será persoal da AXF o encargado de impartir no Concello de Narón un obradoiro de lingua de signos, dirixido ao persoal do Concello –dunha hora e media cada sesión-.
Pedro Caneiro e Sonia López informaron ao colectivo sobre temáticas como o comportamento dos peatóns, ciclistas e condutores, a mobilidade sostible e o uso de medios de transporte alternativos ao coche, entre outros. Ao remate da charla os asistentes formularon varias preguntas sobre os asuntos abordados.
A vindeira semana está previsto impartir en Narón o obradoiro Signaconmigo, cos obxectivos de promocionar a lingua de signos e a cultura xorda, adquirindo signos básicos da Lingua de Signos Española (LSE) e de fomentar a integración social da comunidade xorda. As diferencias entre a comunidade xorda e o colectivo xordo, os tres pilares fundamentais da comunidade xorda, a figura do intérprete de lingua de signos e o seu servizo formarán parte dos contidos teóricos, se ben a convocatoria dirixida ao persoal do Concello tamén contempla unha parte práctica, cunhas directrices e vocabulario xerais da lingua de signos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal