Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A VIXÉSIMA EDICIÓN DA FESTA GASTRONÓMICA DO PEMENTO DO COUTO CELEBRARASE MAÑÁ E O DOMINGO
O local social da Picota, na parroquia do Couto, a carballeira das súas inmediacións e o cenobio de San Martiño de Xuvia acollerán varios actos
Narón, 13 de xullo de 2018. A parroquia naronesa do Couto celebrará mañá e o domingo a vixésima edición da Festa gastronómica do Pemento do Couto. A programación deste evento festivo comezará mañá día 14 pola tarde nas instalacións do local social do Couto, cun showcooking a cargo de Beatriz Sotelo, copropietaria do restaurante A Estación (A Coruña). Nesta convocatoria explicarase como cociñar diversos menús co produto estrela desta festa, o pemento do Couto, como protagonista. En total, Sotelo cociñará tres elaboracións: Trampantollo de pemento do Couto, Tartar de salmón con pemento do Couto aliñado e Sementes de pemento do Couto encurtidas con xarda. Pola noite, a partir das 23.00 horas, iluminarase con varias cores o exterior do mosteiro do Couto e tamén a partir das 23.00, e ata as 00.30 horas, aproximadamente, celebraranse no interior do cenobio dous concertos de música de cámara. O aforo para estes últimos é limitado debido á capacidade da zona na que terá lugar, pero non é preciso inscribirse previamente. O domingo día 15 terá lugar a Festa gastronómica, cunha programación que inclúe varios actos previos ao xantar popular que comezará ás 14.00 horas na zona da carballeira localizada xunto ao local social do Couto. Aquelas persoas interesadas en degustar churrasco con cachelos e pementos do Couto poderán adquirir tamén os tickets o propio domingo no local social do Couto ata completar o aforo dispoñible. Ás 13.00 horas o escritor Xavier Alcalá encargarase de ler o tradicional pregón da Festa do Pemento e a continuación, sobre as 13.30 terá lugar o Xuramento das Novas Damas e Cabaleiros da Orde do Pemento do Couto, no transcurso do que se entregará o Pemento de Honra á directiva da AVV do Couto que iniciou esta festa gastronómica na parroquia. A encargada de entregarlles o Pemento de Honra será a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro. Pola tarde, tralo xantar, haberá unha sesión de baile amenizada, a partir das 17.30 horas, por un grupo musical. O Concello de Narón organiza un ano máis esta convocatoria festiva, coa colaboración da Asociación de Veciños do Couto, a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto e a Cooperativa do Val.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal