Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ALCALDESA ACADA O COMPROMISO DA XUNTA DE RETOMAR O DIÁLOGO COA VECIÑANZA DO VAL PARA EVITAR A SUSPENSIÓN DAS OBRAS DA SENDA PEONIL E CICLISTA
A ALCALDESA ACADA O COMPROMISO DA XUNTA DE RETOMAR O DIÁLOGO COA VECIÑANZA DO VAL PARA EVITAR A SUSPENSIÓN DAS OBRAS DA SENDA PEONIL E CICLISTA
A rexedora local, Marián Ferreiro, e o edil de Urbanismo, Manuel Ramos, reuníronse en Santiago co director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez
Narón, 13 de xullo de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, desprazáronse esta mañá a Santiago de Compostela para manter unha reunión con Francisco Menéndez, director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas. A rexedora local solicitou a xuntanza hai varias semanas, tras coñecer o anuncio da Xunta de suspender as obras da senda peonil e ciclista prevista na parroquia do Val. A alcaldesa amosou a súa satisfacción pola postura amosada desde a administración autonómica, donde lle manifestaron que “continúan pola labor de realizar esa obra sempre e cando se conte co respaldo veciñal”.
Representantes do goberno local de Narón visitaron nas pasadas semanas unha por unha as vivendas localizadas no tramo polo que se proxecta a senda peonil e ciclista. Tras falar cos titulares dos terreos afectados, recolleron as súas reivindicacións, que esta mañá a alcaldesa trasladou ao director da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de valoralas.
Representantes da administración autonómica amosaron a súa disposición a retomar o diálogo coa veciñanza afectada por esta actuación na parroquia do Val para abordar a viabilidade dalgunhas das propostas plantexadas sobre o proxecto inicial desta actuación, tal e como lle indicaron a Ferreiro.
A alcaldesa incidiu en que “esta senda é unha infraestrutura que supón un importante investimento para o noso concello e tamén un avance importante en materia de mobilidade e seguridade viaria”. Ferreiro, que trasladou esta mesma mañá o o resultado desta reunión aos representantes da Asociación de Veciños do Val, destacou a importancia “de que ambas partes, a administración que promove este proxecto que é a Xunta de Galicia e as persoas que teñen propiedades na zona pola que pasará a senda, acheguen posturas sobre proxecto”.
A rexedora local subliñou que “é preciso e moi necesario que traten de atopar unha saída satisfactoria para ambas partes e que permita executar os traballos, porque as veciñas e veciños en todo momento nos comunicaron que non se opoñen á execución da senda, valorando tamén este importante investimento na parroquia do Val”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal