Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AXENCIA DE LECTURA E A AULA DE INFORMÁTICA DA CASA DA MOCIDADE PERMANECERÁN PECHADAS EN AGOSTO
O Concello acometerá obras de mellora nos locais que ocupan ambos servizos, tal e como se explicou desde o goberno local
Narón, 18 de xullo de 2018. A Axencia de Lectura e a Aula de informática da Casa da Mocidade, na Gándara, permanecerán pechadas durante todo o mes de agosto, no que se realizarán unha serie de obras de acondicionamento e mellora dos citados espazos. No caso da Axencia de Lectura, atópase inmersa nun proceso de actualización e renovación dos seus fondos, estando xa operativos os traballos de expurgo dos fondos máis antigos e/ou menos demandados. No que respecta ao fondo expurgado da sección de adultos, a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que permanecerá exposto a partir do vindeiro luns, día 23, e ata o martes 30 de xullo para que todas as persoas que o consideren poidan retirar o material que lles resulte de interese. Poderase acudir no horario habitual de apertura deste servizo, que no verán é os luns de 10.30 a 13.30 e os martes e os xoves de 18.00 a 21.00. As persoas que teñan que facer devolución dalgún tipo de material da Axencia de Lectura poden facelo na biblioteca central, no horario de apertura (mañás de martes a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns e venres de 18:00 a 21:00) ou no buzón de devolucións que se atopa na entrada (dispoñible cando a biblioteca está pechada). A edil de Mocidade e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que durante o vindeiro mes procederase a pintar os espazos que ocupan a Axencia de Lectura e a Aula de informática, polo que se solicita aos usuarios que desculpen as posibles molestias que lles poida ocasionar o peche, preciso para executar estas tarefas de mellora das instalacións.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal