Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS TAXAS DO CONCELLO DE NARÓN SUBIRÁN UN 2,9% DE MEDIA NO ANO 2009
A taxas do ámbito social non sofren incremento, e diminúen as tarifas do sector da construción.
O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e o Concelleiro de Urbanismo e Xestión Presupostaria, Xosé Manuel Blanco, presentaron en rolda de prensa os incrementos previstos das taxas municipais para o 2009. Este documento que foi levando onte á Comisión de Contas, sentará as bases para a elaboración dos presupostos municipais do vindeiro ano. As taxas subirán unha media estimada do 2,9%, 1,6% menos que o IPC aplicable, calculado no mes de xullo. Das vinteseis ordenanzas en vigor do Concello, non serán obxecto de incremento once; entre as que se encontran as reguladoras do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e do incremento sobre o valor dos terreos, así como todas as de contido social: reguladoras dos servizos do Padroado e sociocomunitarios e taxa por axuda no fogar. Tampouco subirás as taxas do transporte adaptado, do rescate e tenencia de animais, ou a celebración de matrimonios. Por outra banda, diminúen as taxas no sector da construción, nun intento de dar un pulo á súa actividade nestes momento de crise económica. O imposto sobre construción, obras e instalación, baixará un 4,7%, mentres que as licencias urbanísticas farano un 17,64%. No caso da administración de documentos, suprimiranse as tarifas do servizo de catastro, supoñendo una redución da porcentaxe de incremento de ata un -22%. En canto as taxas que soben, farano co importe do IPC (4,5%) as licencias de apertura, o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), os servizos con ferramenta municipal e de protección civil, e o depósito de madeira e a ocupación de dominio público. Na atención a maiores, se ven se aplicará o IPC ós prezos do café, da auga o do almorzo, subindo 5 e 9 céntimos respectivamente, manterase o prezo dos menús de comedor, conxelado nos 4,95 €. Por riba do prezo do IPC subirán as taxas de auga e rede de sumidoiros, da recollida de lixo, dos servizos deportivos e das escolas infantís, esta última estipulada pola Xunta de Galicia e marcada nun 5,2% para as tarifas non bonificadas. No caso das taxas de auga, o Concello de Narón terá que aboar unha subida no cobro polo Concello de Ferrol en torno o 19%, polo que necesita incrementar as taxas deste servizo. Sen embargo a subida non é igual para todos os usuarios, no ámbito doméstico (o 84% dos usuarios) será a que corresponde polo IPC, un 4,5%, mentres que sí terán subidas maiores as empresas que son grandes consumidoras de auga, equilibrando a media do incremento. O mesmo sucede co lixo. O 84% dos usuarios, que son de ámbito doméstico, terán unha subida do 4,5%, ao tempo que serán as empresas que fagan grandes usos deste servizo, as que paguen un maior prezo. Cabe destacar que as taxas da zona rural en canto a auga e alcantarillado seguirán manténdose conxeladas, como nos últimos catro anos, un compromiso adquirido polo Concello que non vai cambiar no ano 2009. O IPC nestes catro anos experimentou unha subida do 18%, unha que as taxas da zona rural non experimentaron. Asemade, se estima que as bonificacións que afectan as taxas de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e lixo alcanzarán unha media de subida do 4% (500 usuarios), ó ampliar as condicións de concesión do 75% do salario mínimo de ingresos ó salario mínimo completo. Así pois, a presión fiscal total do Concello subirá unha media do 2,5%, e os ingresos estimados pasarán dos 19.110.000€ aos 19.580.000€. O Alcalde de Narón, afirmou que “o Concello é unha empresa con carácter social que ten que tratar de que as familias de Narón teñan o mellor servizo aos custes máis axustados”. E engadiu que o propósito do Goberno Municipal é o de “eliminar todo gasto superfluo para favorecer o gasto social, o emprego e o crecemento industrial", malia a situación de crise que estase vivindo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal