Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG E EDIL DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E XESTIÓN ORZAMENTARIA, PABLO VILLAMAR, RENUNCIA Á SÚA ACTA DE CONCELLEIRO
O PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG E EDIL DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E XESTIÓN ORZAMENTARIA, PABLO VILLAMAR, RENUNCIA Á SÚA ACTA DE CONCELLEIRO
Asumirá as responsabilidades de Villamar no goberno local José Gómez Fandiño, e a portavocía do grupo a edil Teresa Sabio
Narón, 18 de xullo de 2018. O portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Narón e concelleiro de Promoción Económica e Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, anunciou en rolda de prensa a súa renuncia á acta de concelleiro na corporación naronesa por motivos estritamente persoais.
Pablo Villamar aduciu que son circunstancias persoais, de índole persoal e laboral, as que motivaron esta decisión que supón unha reorganización no grupo municipal mais tamén, subliñou, a continuidade da organización no pacto de goberno asinado en xullo de 2015 despois das últimas eleccións municipais. Villamar anunciara hai un ano que non ía recuncar como cabeza de lista do BNG nos seguintes comicios locais logo de ser candidato á Alcaldía nas eleccións de 2003, 2007, 2011 e 2015.
O aínda portavoz municipal do BNG, que formalizará a súa renuncia nos vindeiros días, estivo acompañado polo responsábel local da organización, Ánxel Rial; a concelleira Teresa Sabio, que asumirá a portavocía do grupo, e o seu substituto, Xosé Gómez Fandiño. Rial quixo destacar o compromiso e o traballo de Pablo Villamar ao longo da súa traxectoria política, primeiro no BNPG e, xa desde a fundación do Bloque Nacionalista Galego, en 1982, como militante. “O seu labor foi moi importante nestes anos”, explicou, “non só como militante de base, senón tamén nos cargos institucionais que ocupou, como concelleiro e como vicepresidente da Deputación da Coruña entre 2007 e 2011. Hoxe é o día de Pablo e só podemos agradecerlle a súa entrega e dedicación e o seu compromiso co nacionalismo”.
Na súa intervención, Villamar centrouse nos últimos anos de cogoberno en Narón, en concreto desde que a finais de 2011 asumiu a concellería de Promoción Económica e Xestión Orzamentaria. “Fixémolo nun momento de crise para Narón e para o conxunto do país, e creo que os resultados foron razoabelmente bos. Conseguimos reducir totalmente a débeda bancaria contraída naquela altura e impulsar políticas beneficiosas para a cidadanía de Narón nuns momentos moi complicados e de moitas restricións”, manifestou.
Villamar rematou a súa intervención agradecendo ao Bloque Nacionalista Galego a posibilidade que lle deu ao longo destes anos de representalo en diferentes instancias e institucións; aos compañeiros e compañeiras que traballaron con el ao longo destes máis de vinte anos; aos grupos políticos cos que colaborou en diferentes etapas e aos funcionarios e funcionarias do Concello, de quen dixo que “foron e son fundamentais para que o Concello sexa eficaz e funcione. Hoxe”, engadiu, “podemos dicir que o Narón de 2018 é mellor que o Narón de 2011”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal