Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU UNHA NOVA EDICIÓN DO FORO DE DIAGNOSE E PLAN DE ACCIÓN DAS POLÍTICAS DE IGUALDADE DE XÉNERO
A través desta iniciativa, impulsada a través da administración provincial, en colaboración cos concellos, analizarase a actual situación e elaborarase un Plan de acción, tal e como explicou a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio
Narón, 19 de xullo de 2018. O Concello de Narón acolleu esta mañá, entre as 13.00 e as 14.00 horas, unha nova edición da segunda fase do foro de Diagnose e Plan de Acción das Políticas de Igualdade de Xénero na provincia da Coruña, impulsado a través da administración provincial. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, xunto coas tamén edís naronesas Mercedes Taibo e Catalina García, acudiron á convocatoria, na que tamén estiveron presentes representantes políticos doutros municipios da comarca. Compartimos Plan é o lema desta iniciativa, que se atopa xa na segunda fase, na que se inclúen a detección das necesidades en materia de igualdade de xénero a nivel tanto local como provincial e a compilación de información sobre programas, recursos e servizos existentes na provincia, tal e como indican desde a organización. Sabio, que agradeceu a participación neste evento, avanzou que nos vindeiros meses se realizarán as dúas seguintes fases, “a de elaboración dun Plan de acción, no que se concretarán liñas de actuación específicas, e a difusión do Plan Provincial, no que se coñecerán os resultados dos traballos que se leven a cabo e se reflectirán as demandas dos concellos e as necesidades dos cidadáns nesta área”. “As aportacións que realicemos entre as diferentes administracións, así como as que se acheguen desde entidades ou a título particular, son fundamentais para poder avanzar nun tema tan relevante como as políticas de xénero”, subliñou a concelleira de Igualdade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal