Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INICIA AS OBRAS DE COMPACTACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL
O CONCELLO INICIA AS OBRAS DE COMPACTACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL
Permitirá 1.500 metros lineais de baldas por cada 100 m², duplicando o espazo existente
O Proxecto de Compactación do Arquivo Municipal púxose en marcha estes días co inicio das obras no soto da Casa Consistorial. A actuación prevista consiste na instalación dun sistema de armarios móbiles a través de raíles, que se completará coa colocación dun novo sistema de iluminación e a creación dunha zona de consulta de expedientes e documentación. O custe total é de 80.000 euros, o 50% pagado polo Concello e o restante 50% pola Xunta de Galicia.

Segundo explicou a Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, o arquivo xeral do Concello atópase na actualidade “practicamente colapsado, con máis de 1.500 metros cadrados de baldas que están ocupadas na súa totalidade”. A falla de espazo resolverase coa instalación do sistema compactador que permitirá contar con 1.500 metros lineais de baldas por cada 100 metros cadrados “solucionando de xeito instantáneo o principal problema do noso arquivo municipal, e garantindo o crecemento futuro do arquivo durante os vindeiros anos”, engadiu a Concelleira.

“Dende o goberno municipal pensamos que é unha labor prioritaria a conservación do noso patrimonio documental incluído no noso arquivo municipal, así como tamén preservar a custodia dos expedientes administrativos de todas e cada unha das concellerías e unidades de xestión”, declarou a Edil.

Na actualidade, o arquivo conta con máis de 6.600 unidades de instalación e máis de 700 libros así como numerosos fondos do arquivo histórico. Durante o 2006, o arquivo municipal recibiu máis de 500 expedientes administrativos dos diferentes departamentos municipais, xa que é aquí onde deben terminar tódolos documentos administrativos nun prazo máximo de cinco anos.

González Cuevas agradeceu especialmente a Parkinsa o espazo cedido ó Concello do seu aparcadoiro, ocupado parcialmente estes días polo material destinado ás obras.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal