Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN ABRE O PROCESO PARA SELECCIONAR AOS PARTICIPANTES EN NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS
A edil Natalia Hermida explicou que se impartirán sesións de Xestión de Almacén -con certificación UNE de operador/a de carretillas e PEMP-, de Limpeza industrial e para obter os permisos de conducir C e D con CAP
Narón, 30 de xullo de 2018. A Concellería de Formación, dirixida pola edil Natalia Hermida, abrirá o vindeiro 1 de agosto, e ata o 17 do mesmo mes, a convocatoria para seleccionar aos participantes en accións de competencias e licenzas profesionais. En canto ás accións formativas, impartiranse as de Xestión de Almacén –con dúas edicións e coa certificación UNE de operador/a de carretillas e Plataforma Elevadora Móbil de Persoal (PEMP)- e Limpeza industrial, se ben a maiores, tal e como indicou Hermida, ofreceranse outras para a Preparación obtención do permiso C (transporte de mercadorías) e o D (transporte de viaxeiros), en ambos casos co seu respectivo CAP. A edil naronesa destacou o feito de que se trata de catro propostas formativas que se ofrecen por primeira vez desde a administración local. O Concello destinará algo máis de 36.000 euros de financiación integramente municipal a estas catro accións formativas, tal e como subliñou a concelleira responsable da área. Os destinatarios das accións formativas de Xestión de Almacén e Limpeza industrial son persoas empadroadas en Narón, desempregadas e maiores de 18 anos. Ambas propostas impartiranse no Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz, na Gándara. A primeira delas terá lugar do 22 de agosto ao 10 de setembro –na primeira edición- e do 11 ao 28 de setembro –a segunda quenda-, cun total de 70 horas e un máximo de 12 persoas por edición. No caso do curso de Limpeza industrial, será do 27 de agosto ao 5 de outubro, cun total de 150 horas e un máximo de 15 persoas. As sesións para a Preparación e obtención do permiso C e o seu CAP diríxense a persoas empadroadas en Narón desempregadas e que teñan cumpridos os 21 anos (tal e como especifica a Dirección Xeral de Tráfico). As clases serán do 3 de setembro ao 14 de decembro, cun máximo de 270 horas (incluídas 10 horas prácticas) e para un máximo de oito persoas. As de Preparación e obtención do permiso D e o seu CAP serán do 3 de setembro ao 14 de decembro, tamén con 270 horas e para oito persoas como máximo, que deben ter cumpridos os 24 anos (idade indicada atendendo tamén ás especificacións da Dirección Xeral de Tráfico). Estas dúas últimas accións formativas impartiranse nas instalacións da autoescola Cofepa e para a obtención dos citados permisos é preciso achegar o permiso B coa solicitude. As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Narón, de 8.30 a 13.00 horas ou nos demais rexistros que especifica a Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O formulario de solicitude está dispoñible tanto no Rexistro Xeral do Concello de Narón como na Sede Electrónica do Concello. Para obter máis información ao respecto pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 ou 1107), así como consultar a páxina web do Concello de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/formacion/AccionsCapacitacion.pdf.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal