Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN ANTE O CONCELLO PARA CONDENAR O CRIME MACHISTA DO PASADO DOMINGO EN CABANA DE BERGANTIÑOS
Representantes da corporación local, persoal do Concello e algunhas veciñas e veciños da cidade sumáronse a esta convocatoria en sinal de repulsa á violencia de xénero
Narón, 21 de agosto de 2018. O Concello de Narón acolleu esta mañá, ás 12.00 horas, unha concentración ante a porta principal do Consistorio en sinal de repulsa polo asasinato dunha muller, o pasado domingo, no municipio coruñés de Cabana de Bergantiños. O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, presidiu a convocatoria, á que tamén acudiron a edil de Igualdade, Teresa Sabio, portavoces dos grupos políticos da corporación local, outros edís e persoal do Concello, así como algunhas veciñas e veciños. Ana Belén Varela, de 50 anos, foi asasinada polo seu home, J.G.P, de 56, no seu domicilio familiar, sendo este o terceiro crime por violencia de xénero –confirmado pola Delegación do Goberno en Galicia- que se rexistra na Comunidade no que vai de ano. Os asistentes a esta convocatoria gardaron un minuto de silencio en sinal de repulsa contra este novo caso de violencia machista e a continuación realizaron ruído durante un minuto a modo de protesta por esta lacra social, da que urxiron a súa erradicación. Os representantes da corporación local portaron unha pancarta co lema “Narón contra a violencia de xénero”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal