Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE SOLICITUDE DE BONIFICACIÓNS DAS TAXAS POR RECOLLIDA DE REFUGALLOS, REDE DE SUMIDOIROS E SUBMINISTRO DE AUGA
As solicitudes poden tramitarse no Rexistro municipal ou na Sede Electrónica do Concello de Narón ata o vindeiro 20 de setembro
Narón, 31 de agosto de 2018. As solicitudes para a bonificación das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable poderán presentarse desde mañá, día 1 de setembro, ata o vindeiro 20 do citado mes, ambas datas incluídas. As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou no Rexistro Municipal do Concello –neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas-. Os impresos a cumprimentar poden solicitarse no propio Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario, no segundo andar do Consistorio. Se os solicitantes se atopan nas mesmas circunstancias que no momento en que se lles concedeu a bonificación destas taxas non é preciso que a soliciten de novo. Así mesmo, se a situación variou ou naqueles casos non que teñen concedido o 50% da bonificación e cumpren agora os requisitos para que se lles recoñeza o 75% deben acreditalo para poder incrementar esa bonificación.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal