Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
COSMA INVERTERÁ 1.300.000€ EN SANEAMENTO URBANO
COSMA INVERTERÁ 1.300.000€ EN SANEAMENTO URBANO
Malia subida do 19% no prezo da auga polo Concello de Ferrol, o 84% de aboados non sufrirán subidas de máis do 4,5%
O Alcalde de Narón, Xoán Gato, anunciou en rolda de prensa o proxecto de inversión da empresa COSMA (Compañía de Servicios Medioambientais do Atlántico, S.A.) para a zona urbana de Narón que suma un total de 1.300.000€. As contas de Cosma, S.A. reflexan que é unha empresa saneada, xa que a mesma cantidade que vai ingresar é a cantidade invertida, 2.436.654€. No caso da inversión, o total divídese entre o pago ó Concello de Ferrol (540.000€), ó persoal (448.000€), e a cantidade destinada ás obras, 1.300.000€, dividida en dúas partes: os custos das obras en sí, encargadas a empresas externas (550.000€) e os intereses e amortizacións das obras xa realizadas es as que se realizarán no vindeiro ano (750.000€).

O proxecto que Cosma vai emprender inclúe varias accións. En primeiro lugar, chegar ó 90% no cambio das tubarias de fibrocemento, dando cumprimento á orde que prohibe a utilización tubaria do amianto, por ser fonte de sustancias canceríxenas. O cambio acometerase nas rúas María Pita, Cadaval, Estación, Rosalía de Castro, San Xosé Obrero, e Valle-Inclán. En segundo lugar, introduciranse 3 km de tubaria para redes pluviais, obtendo un saneamento individual e separado para augas fecais, pluviais e de consumo doméstico. E reducindo cerca dun 70% o perigo de inundacións, algo moi común hoxe en día en moitas cidades da xeografía española. Tamén renovarase as redes de saneamento urbanas.

Xoán Gato aclarou de novo a subida das taxas de auga previstas para o ano que ven. Se ben o Concello de Narón terá que aboar unha subida no cobro polo Concello de Ferrol en torno o 19%, o 84% dos usuarios, todos os de ámbito doméstico, só experimentará unha subida nos seus recibos do 4,5%. De 15.778 aboados, 13572 terán esa subida do IPC, e só 2056 (empresas e grandes consumidores de auga) subidas desde o 12% ata o 20%.

Na xuntanza que mantiveron o Consello de Administración de Cosma e o Concello, acordouse preparar unha partida exclusiva para o saneamento no rural, e tamén atopar una saída para que á marxe do sistema tarifario, as familias numerosas poidan pagar un mínimo de consumo de auga. Será o Concello o que faga este estudo e o que, unha vez feito, aboe a Cosma a diferencia coas tarifas reais, que estas familias non pagarán na súa totalidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal