Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN CATRO ACTIVIDADES EDUCATIVAS DO II PLAN DE IGUALDADE DE NARÓN
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a edil de Igualdade, Teresa Sabio, presentaron os cursos, dirixidos nesta ocasión a un máximo de 79 mulleres
Narón, 4 de setembro de 2018. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, anunciaron esta mañá a apertura do prazo de inscrición nas actividades educativas para mulleres organizadas polo Concello no marco do II Plan de Igualdade de Narón. En total ofértanse catro cursos, para un total de 79 mulleres sobre Igualdade por medio da educación, Integración e xestión familiar, Inicio ás técnicas de confección e Coidando á coidadora. Os tres primeiros diríxense a mulleres desempregadas empadroadas en Narón e de entre 18 e 65 anos, se ben o de Coidando á Coidadora destínase a mulleres coidadoras non profesionais. As sesións desenvolveranse, tal e como indicaron, nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara, no colexio de San Mateo, no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros ou no Centro de Formación Irmás Froilaz, tamén na Gándara, en función da modalidade elixida. O curso de Igualdade por medio da educación diríxese a un máximo de vinte alumnas e terá lugar do 1 de outubro ao 27 de xuño –luns, mércores e xoves de 16.30 a 19.30 horas- na Casa da Mocidade. As asistentes recibirán formación sobre comunicación lingüística e competencia matemática, educación en igualdade e materias de apoio educativo para Secundaria (eido científico, tecnolóxico e comunicación). A acción formativa sobre Integración e xestión familiar programouse en dúas quendas, de doce mulleres cada unha delas, na Casa da Mocidade –do 1 de outubro ao 28 de xuño os luns, mércores e venres de 9.30 a 12.30 horas- e no colexio de San Mateo –do 2 de outubro ao 27 de xuño os martes e xoves de 9.30 a 12.30-. As alumnas recibirán formación sobre educación para a saúde, novas tecnoloxías, educación ambiental, en igualdade e multicultural, entre outras materias. O curso de Inicio ás técnicas de Confección impartirase tamén en dúas quendas, para dez mulleres como máximo cada unha delas e en ambos casos no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz. As clases serán do 1 de outubro ao 28 de xuño –luns, mércores e venres de 9.30 a 12.30- ou do 2 de outubro ao 27 de xuño –martes e xoves, de 9.30 a 12.30-. As alumnas aprenderán a utilizar a máquina de coser, confección de patróns, cortado de pezas de roupa, técnicas de costura, etc. Por último, o de Coidando á coidadora, que será os venres entre os meses de outubro a xuño, de 16.45 a 18.45 horas, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, afondará nas técnicas e pautas para axudar a superar o desgaste mental e as cargas emocionais que supón a súa labor. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no Rexistro municipal do Concello, donde poderán solicitar a instancia oportuna, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas ou a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, ata o vindeiro 21 de setembro. Para solicitar máis información ao respecto pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1113 ou 1115) ou dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello. No caso dos cursos para mulleres desempregadas, no momento de presentar a solicitude é preciso adxuntar unha copia da tarxeta de demandante de emprego ou do informe de vida laboral. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. A alcaldesa e a edil de Igualdade animaron ás veciñas de Narón que cumpran os requisitos a anotarse nestes cursos, “unha formación de balde dirixida a un colectivo moi específico e no que se abordan diferentes materias”, subliñaron.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal