Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ O ESPECTÁCULO A CASA DO TERROR
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que se dirixe ao público familiar e que é preciso recoller os convites na billeteira do Auditorio municipal, na praza de Galicia, una hora antes do inicio do espectáculo
Narón, 5 de setembro de 2018. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a próxima celebración, o domingo día 9, do espectáculo A casa do terror no Auditorio municipal, na Praza de Galicia. A edil indicou que se trata dunha das propostas do programa FalaRedes, de dinamización do galego e dependente da Secretaria Xeral de Política Lingüística, que dará comezo a partir das 19.00 horas. “Este espectáculo musical, de balde para o público, está pensado para nenas e nenos de entre 7 e 12 anos e as súas familias”, explicou Taibo, animando ao colectivo a desfrutar do mesmo. A casa do terror está protagonizado por Xoán Curiel e a Banda Son+d2. A perspectiva do terror é unha constante nesta proposta cultural, sempre abordada dun xeito divertido e con orixinais personaxes que farán desfrutar en todo momento aos asistentes. Conta a historia dun grupo de amigos que pasan unha noite nunha casa encantada na que vivirán moitas aventuras e donde terán que superar algúns dos seus medos. Música, baile e teatro mistúranse neste espectáculo no que o público xogará tamén un papel protagonista. As persoas que desexen acudir deben recoller os convites que se entregarán no despacho de billetes do propio Auditorio municipal unha hora antes do seu inicio, ata completar o aforo das instalacións.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal