Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ÁS INMEDIACIÓNS DO CENTRO DE SAÚDE
O vehículo permanecerá operativo en horario de mañá e tarde durante a xornada do martes 18 de setembro, tal e como apuntou o edil de Sanidade, Octavio Dopico
Narón, 17 de setembro de 2018. O concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico, anunciou que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará mañá unha das súas unidades móbiles ás inmediacións do centro de saúde, no Alto do Castiñeiro. O vehículo estará operativo entre as 9.30 e as 14.30 e tamén pola tarde, de 15.30 a 21.00 horas. As persoas que acudan a doar sangue deben almorzar e esperar dúas horas despois de xantar, levar a tarxeta de doador, DNI ou documento similar e informar ao médico da unidade no caso de que estén tomando algún tipo de medicamento. As doazóns de sangue que se recollen nos locais de doazón e nas dez unidades móbiles deste servizo que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación, tal e como indicaron desde este organismo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal