Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONCEDERÁ AXUDAS PARA CONTRARRESTAR A SUBIDA DOS PREZOS PÚBLICOS
Subvencionarán o 75% do custo dos servizos de auga, recollida de lixo e alcantarillado
As taxas previstas para o ano 2009 no Concello de Narón, foron aprobadas no Pleno Extraordinario cos votos en contra do BNG e do PSOE. Como xa presentaron hai uns días en rolda de prensa o Alcalde de Narón, Xoán Gato e o Concelleiro de Urbanismo e Xestión Presupostaria, Xosé Manuel Blanco, as taxas subirán unha media estimada do 2,9%, 1,6% menos que o IPC aplicable, calculado no mes de xullo. Un 2,5% será a subida dos impostos municipais e un 4,5% a dos prezos públicos. Estas subidas son necesarias para o equilibrio financeiro do Concello e responden tamén á presión fiscal do Estado e do Goberno Autonómico, que reduciron nun 2% os ingresos do Consistorio. Sen embargo, o Goberno Municipal, xa comezou a traballar nunha serie de medidas para favorecer as persoas que non poidan afrontar á subida de prezos, que presentaron esta mañá ós medios de comunicación o Alcalde Xoán Gato, e a Primeira Tenente de Alcaldía, Ángeles Díaz. A primeira, é xa unha realidade na Ordenanza nº10 de Beneficios Fiscais, que concede axudas do 75% do custo total dos servizos de auga, recollida de lixo e alcantarillado, e que no 2009 diminúe os requisitos esixidos ás familias para solicitalas. As familias de 1 e 2 membros, poderán acceder ás axudas aínda que ingresen o 100% do salario mínimo interprofesional, cifra que antes non superaba o 75%. Da mesma maneira, as de 3 ou 4 membros poderán chegar ata o 120% do salario mínimo (antes 90%) e ó 150% as de máis de 4 membros (antes 120%). En palabras do Alcalde, “aproximadamente 500 novas familias terán unha redución do 75% en calquera tipo de taxa pública”. Outra medida que vai a abordar o Concello é a de dar un mínimo de consumo de auga baseado na unidade familiar. Para isto, estase acabando de facer un estudo que se prevén estea listo a semana que ven, para saber con exactitude cantas familias numerosas hai no municipio. O Goberno baralla presentar este estudo no próximo pleno ordinario. Zona rural En canto á zona rural, proporase na próxima Xunta de Portavoces o Procedemento de Axudas Extraordinarias para a Zona Rural, unha solución que esperase beneficie a todos os veciños. Poderán acceder a estas axudas todos os propietarios que xa houberan satisfeito ou deban satisfacer as taxas aprobadas en vigor. Tendo en conta dous parámetros: o número de membros da unidade familiar e a súa renda total máxima. Entendendo por unidade familiar o total das persoas que conviven no domicilio, e por renda total máxima, os ingresos brutos anuais, determinados a efectos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) O cadro de importes é o seguinte: Nº de membros da unidade familiar Importe da renda total máxima 1 ou 2 Ata 15.150 € anuais 3 ou 4 Ata 29.400 € anuais Máis de 4 membros Ata 33.600 € anuais Dentro de cada grupo, dependendo do importe da renda dentro da marxe máxima establecida, as axudas serán do 95%, 70%, 30% e 10%. Xoán Gato anunciou que os gasto aproximado das axuda será de 170.000€ e que habilitarase unha partida dos presupostos para asumilo, que se pasará o presuposto da empresa Cosma. O Procedemento será levado agora á Xunta de Portavoces, despois a Comisión, que podería ser mixta coa participación dos veciños, para finalmente ser elevada a Pleno para a súa aprobación. Ángeles Díaz, fixo un “chamamento ó consenso” non só do resto dos grupos políticos, senón tamén dos veciños da zona rural para que acollan estas axudas, que, segundo a edil, cumpren a promesa do Concello de resolver o conflito.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal