Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO CONTACONTOS "UN CORAZÓN A FLOR DE PEL"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO CONTACONTOS
A cita, dirixida ao público infantil, terá lugar o sábado 22 de setembro na Biblioteca municipal, tal e como indicou a edil responsable da área, Mercedes Taibo
Narón, 18 de setembro de 2018. O contacontos Felipe Díaz, Caxoto, protagonizará o espectáculo infantil Un corazón a flor de pel que terá lugar o vindeiro sábado, día 22, nas instalacións da Biblioteca municipal. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, anunciou que o prazo de inscrición se abre esta mesma tarde, a partir das 16.00 horas, polo que animou ás persoas interesadas a reservar algunha das 25 prazas dispoñibles a facelo de modo presencial na Biblioteca –desde as 16.00 horas no mostrador da sala de adultos- ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións (de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas).
A actividade diríxese a nenas e nenos a partir de 4 anos –que teñan o carné da Rede de Bibliotecas- e dará comezo ás 11.00 horas, tal e como indicou a edil naronesa, que explicou que con esta actividade se retoma o Programa Biblioespazo 2018.
Caxoto interpretará neste contacontos a un doutor que fará unha particular revisión médica aos asistentes, que se implicarán nesta proposta, cargada de emocións, realizando probas de diagnose dalgunhas doenzas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal